Concentración contra os despidos en Indipunt Sábado 8 ás 12:30 na Praza de Armas Por unha folga unida de tódo los Traballadores de Inditex o 13 de xullo A máscara de simpatía con que a dirección de Inditex se presenta en público agacha unha realidade de explotación e abusos contra os traballadores dentro das súas empresas.

O último exemplo é o despido, o pasado 27 de xuño, de 5 compañeiras de Indipunt, empresa do Grupo Inditex enclavada no Río do Pozo. Pero hai máis: en Granollers (Barcelona), as traballadoras que aceptaron formar parte da candidatura de CC.OO. en Condipunt (tamén de Inditex) foron despedidas. Así é como entenden os empresarios a democracia.

Tamén en Pull&Bear hai exemplos. Carolina Zapatero foi inxustamente despedida; César ou Xacobe non tiveron oportunidade de defenderse; a recente prohibición de que Fornos, delegado sindical da CIG, meta o coche dentro do recinto (segundo RRHH, por perder as tarxetas de traballo; segundo a empresa de seguridade, é unha orde do director por aparcar mal o coche); ou a acusación falsa de entrar nunha zona prohibida contra Jorge Porto e Fran Funcasta, delegados de CC.OO. no comité de empresa, para desprestixialos ante os compañeiros.

En Indipunt xa había precedentes. Hai uns meses xa despediran a dúas traballadoras que estaban de baixa, tendo posteriormente que readmitir a unha delas.

Todos estes feitos non son casualidade. Forman parte dunha campaña da dirección de Inditex para atemorizar ós traballadores e que non collan baixas por temor a ser despedidos. Non podemos consentilo. TODOS OS TRABALLADORES DE INDITEX NA COMARCA DE FERROL DEBEMOS ACUDIR O PRÓXIMO SÁBADO Á CONCENTRACIÓN DE PROTESTA CONVOCADA POLO COMITÉ DE EMPRESA DE INDIPUNT PORQUE O QUE HOXE OCURRA NUNHA EMPRESA DE INDITEX SERÁ O QUE MAÑÁN OCURRA NO RESTO.

Neste sentido, TAMÉN TODOS OS TRABALLADORES DE INDITEX NA COMARCA DEBEMOS PARTICIPAR NA FOLGA QUE A ASEMBLEA DE TRABALLADORAS DE INDIPUNT CONVOCA PARA O XOVES 13 DE XULLO. Jema, outra empresa de Inditex ubicada en Leixa, xa anunciou que se suma a esta folga, e Pull&Bear debe facer o mesmo porque É UN DEBER SOLIDARIO ELEMENTAL.

O COMITÉ DE EMPRESA DE PULL&BEAR DEBE CONVOCAR UNHA ASEMBLEA XERAL DE TODA A PLANTILLA PARA QUE OS TRABALLADORES DE PULL PODA DECIDIR.

banneringles

banneringles

banner

banner

banner

banneringles

banneringles

bannersindicalistas

bannersindicalistas