Nos últimos anos estamos asistindo a unha ofensiva brutal por parte da burguesía contra os gastos sociais e os dereitos dos traballadores, recortes en educación, sanidade pública, precarización do traballo, privatizacións, etc. Tódalas conquistas sociais acadas polo movemento obreiro están a ser desmanteladas.Acaban de aprobar a ampliación da xornada laboral a 65 horas, que só deixará tempo para durmir e comer, voltando ó século XIX. Neste marco encadramos Boloña, que se suma a lista de ataques contra a educación pública e que ten un único fin: deixar ós fillos dos traballadores fóra da universidade para convertelos en carne de explotación no mercado laboral, regalando a universidade pública ás grandes empresas e bancos.

Nos últimos anos estamos asistindo a unha ofensiva brutal por parte da burguesía contra os gastos sociais e os dereitos dos traballadores, recortes en educación, sanidade pública, precarización do traballo, privatizacións, etc. Tódalas conquistas sociais acadas polo movemento obreiro están a ser desmanteladas.Acaban de aprobar a ampliación da xornada laboral a 65 horas, que só deixará tempo para durmir e comer, voltando ó século XIX. Neste marco encadramos Boloña, que se suma a lista de ataques contra a educación pública e que ten un único fin: deixar ós fillos dos traballadores fóra da universidade para convertelos en carne de explotación no mercado laboral, regalando a universidade pública ás grandes empresas e bancos.

Que é Boloña?

Que moitos fillos de traballadores poidamos acceder á educación superior é unha das maiores conquistas do movemento obreiro. Agora teñen un plan para quitárnola. Esta é a verdadeira faciana do capitalismo, un sistema no que os que cargamos no lombo cos pratos rotos somos as familias traballadoras. Píntannos Boloña como unha apertura cara Europa, equiparar os títulos para que poidamos estudar en Compostela, Edimburgo ou Nápoles, mais o seu obxectivo é ben distinto. A aplicación de Boloña supón transformar as actuais licenciaturas de 5 anos en dúas partes, un grao de carácter máis xeral (o cal obrígate a cursar o posgrao se queres ter un posto de traballo digno) e un posgrao ou máster. O problema disto é que supón un filtro económico, porque non todos poderemos acceder a eles dado o seu desorbitado prezo: xa se anuncian másters públicos de 3.500 euros a matrícula. Tamén suporá a diferenciación de universidades de primeiro e segundo nivel, segundo sexan os máster que ofrezan (os máis prestixiosos serán os máis caros). Aínda por riba, nos másters as becas substituiranse por créditos bancarios, o que supón uns beneficios brutais para os banqueiros e rematar a carreira...debendo cartos ó banco! Outro punto son os créditos ECTS, que aparte de cuantificar as horas de clase, cuantificará tamén horas de estudo na casa (as cales haberá que pagar!) impóndolles ós estudantes xornadas de 8 horas, deixando fóra ós estudantes que traballan para pagar os estudos (o 25% do censo actual). Ademais deixa a porta aberta á suba de taxas (xa escandalosa agora) e poderemos traballar de balde un ano en prácticas en empresas sen recibir a formación prometida. Separan o ensino universitario do resto, achegándono ás empresas (a nova ministra de Ciencia e Innovación, o cal controla a universidade, foi membro da dirección da CEOE). Á burguesía sóbranlle licenciados, á gran maioría da sociedade, non. Precisamos médicos para acabar coas longas listas de espera na sanidade, filólogos, historiadores, arquitectos que axuden ó progreso social e material. Non queren seguir tirando cartos en preparar xente que non lles fai falta, queren adecuar a universidade ó precario mercado laboral, forza laboral barata, iso si, os seus fillos terán asegurados suculentos postos nas direccións das empresas porque eles si poderán pagar eses prezos. A Xunta e o goberno central, no poder grazas ós votos de milleiros de traballadores fartos da dereita, non están a facer absolutamente nada. Ós "patroncitos" válelles con que saibamos ler e escribir , non vaia ser que empecemos a pedir cousas. O Plan Boloña é unha consecuencia directa do funcionamento do capitalismo.

Boloña na USC

Este ano en Compostela houbo dúas loitas contra Boloña: en Ciencias Políticas e as Asembleas. A principios de curso, en Historia, tivo lugar a primeira asemblea coa participación de centos de estudantes, que reflectía o ambiente favorable á mobilización entre o estudantado. Despois de dúas asembleas saíu unha data para unha asemblea de toda a USC na que de novo houbo unha afluencia masiva. As asembleas son os órganos máis democráticos de expresión do estudantado, que serven para poñer en común os puntos de vista e tomar decisións cun obxectivo concreto, e isto é o que non entendía a dirección das asembleas que levou tódalas asembleas a converterse en discusións interminables (algunhas de case 4 horas) sobre puntos totalmente secundarios (creación dunha lista de e-mails, se estaba autorizado gravar as asembleas en vídeo, se para a próxima asemblea mercabamos bocadillos) aprazando as mobilizacións asemblea tras asemblea. A xente non pode asistir a asembleas eternas sen ter un obxectivo concreto, precisamos estudar, traballar, tempo de lecer. A asistencia ás asembleas caeu drasticamente e cando saíu unha data de mobilización (tarde e sen convocar folga), resultou un fracaso. A disposición a loitar é coma o vapor, se o metes nun pistón que canalice a súa forza é unha ferramenta moi valiosa, polo contrario, se o deixas estar, o vapor pérdese. Dende o Sindicato de Estudantes, dende a primeira asemblea propuxemos xa a convocatoria dun calendario de mobilizacións cun simple e claro obxectivo: Non a Boloña. Tamén considerabamos necesaria a unificación e extensión da folga, é importante golpear todos xuntos para sermos máis fortes, facer piquetes informativos no resto das facultades e campus para dar a coñecer a loita e sumar máis xente, pois a loita é a mesma. Lamentabelmente, a falta dun obxectivo claro e de mobilizacións inmediatas levaron o fracaso das asembleas. Despois estoupou a loita en Ciencias Políticas, na que a decana e os seus lacaios, dun xeito caciquil, fixeron (en 6 horas!) o novo plano de estudos (dentro de Boloña) e conseguiron aprobalo. Contou cunha grande oposición do estudantado, que decidiu ir á folga indefinida, onde volveu demostrar a súa combatividade asistindo en gran número as asembleas e piquetes malia a proximidade dos exames. O SE volveu recalcar a importancia de estender a folga ó resto da USC (Matemáticas e Psicoloxía tamén sufrirán Boloña o vindeiro curso) e a necesidade de esixirlle ás direccións de CIG, UXT e CC.OO. apoio total ás mobilizacións, repartos en polígonos industriais, mercados, envíos de resolucións por parte dos comités de empresa, etc. Tamén hai que falar do negativo papel xogado pola dirección dos CAF, a organización maioritaria na USC, condición que gañou grazas o seu pasado combativo. Máis agora a súa dirección estase moderando, malia ter militantes moi combativos e honrados. CAF non se enfrontou a Boloña, que como condición de organización maioritaria é a súa obriga, limítandose a esixir a equiparación do prezo dos máster á dos graos, o que supón a aceptación desta contrarreforma. Facemos un chamamento á militancia dos CAF para que esixan á súa dirección a volta a unha política combativa.

Folga estudantil en outubro

Malia que ate ó de agora todo foron derrotas, aínda non se perdeu a guerra. Por todo o Estado Boloña está tendo resposta: Euskal Herria, Madrid, Sevilla,etc. Boloña é unha máis das loitas a prol da educación pública que se están a dar: folga en Catalunya contra a LEC, loitas en Madrid contra a privatización da educación pública por parte da dereita, aquí na Galiza mobilizacións contra o Decreto de bacharelato que pretende suprimir horas de historia, filosofía e educación física en favor de relixión. Dende o SE pensamos que é necesario unificar todas estas loitas para golpear con máis forza e que non se evaporen, porque son todas a mesma loita: a dos fillos da clase traballadora por unha educación digna. Por iso, a finais do pasado mes de xuño convocamos a tódalas organizacións de clase, sindicatos e organizacións estudantís do Estado a unha xuntanza, na que se decidíu unha convocatoria de folga xeral de todo ensino para outubro. Invitamos de novo a tódalas organizacións a tomar parte desta convocatoria e a loitar todos xuntos, esixíndolle tanto á Xunta coma ó goberno central que se tanto din ser de esquerdas, que fagan unha política de esquerdas. Din que non hai cartos. Si que os hai: os teñen os banqueiros e os grandes empresarios.

banner

banneringles

banner

banner

banner

banneringles

banneringles

bannersindicalistas

bannersindicalistas