O 20 de novembro de 1975 morreu o ditador Francisco Franco. Dous días despois, Juan Carlos I era proclamado o seu sucesor como xefe do Estado e rei. Comezaba aquilo que se coñece oficialmente como Transición española.

O mito de que o réxime franquista deu paso a un paraíso de democracia e liberdades grazas a políticos responsables e a un rei que amaba o seu pobo non resiste a proba. Esta visión fraudulenta pretende negar que foi a extraordinaria loita da clase obreira e a mocidade, as folgas, as ocupacións de fábricas, as manifestacións masivas… o que acabou con corenta anos de ditadura fascista e puxo contra as cordas a clase dominante.

A historia oficial pretende sepultar no esquecemento que o prezo por conquistar as liberdades democráticas foi elevadísimo para miles de loitadores, que enfrontaron a salvaxe represión de un réxime que se resistía a desaparecer: máis de 300 asasinados pola policía e as bandas fascistas entre 1973 e 1981, miles de torturados en cuartelillos e comisarías, de presos políticos, despedidos e exiliados.

Esa Transición, que alumeou o réxime do 78, permitiu que os responsables de masacrar a centos de miles de loitadores antifascistas durante a guerra civil e a posguerra, e quen cometeron todo tipo de atrocidades durante os últimos anos do franquismo fosen absoltos sen xuízo grazas á impunidade que lles proporcionou a Lei de Amnistía de 1977.

Por estas razóns e nun momento en que a extrema dereita e o militarismo imperialista ameazan o mundo, cando a represión se recrúa, cobra maior importancia sacar as leccións de aquel período histórico para as batallas de hoxe.

Para debater sobre todo isto convidámosvos a participar na proxección do filme Las armas no borrarán tu sonrisa (2024), o próximo xoves 22 de maio en Ferrol ás 18:30 no Ateneo Ferrolán e o venres 23 de maio na Coruña ás 18:30 no local da CGT.

Contaremos coa participación de:

• Pablo Mayoral, condenado a 30 anos no Consello de Guerra de 1975.
• Javier Almazán, irmán de Ángel Almazán asasinado por unha malleira da policía en decembro de 1976.
• Olga Gutiérrez, viúva de Manuel Ruíz e cuñada de Arturo Ruíz, estudante asasinado polos fascistas de Cristo Rey en xaneiro de 1977.
• Adolfo Dufour, guionista e director do filme.

banner

banneringles

banner

banner

banneringles

banneringles

bannersindicalistas

bannersindicalistas