A rápida implantación do Sindicato de Estudantes na Universidade de Santiago de Compostela exprésase tamén no terreo electoral

 

A rápida implantación do Sindicato de Estudantes na Universidade de Santiago de Compostela exprésase tamén no terreo electoral

 

Non é ningún segredo que a composición do Claustro Universitario é totalmente antidemocrática (o colectivo de estudantes só ten un 25% de representantes). Este é un dos motivos que explican a enorme indiferenza -totalmente comprensibél- do estudantado cara as eleccións ó claustro e que se traduce nunca xigantesca abstención.

Dende o S.E sempre plantexamos que votar non basta (nin nas eleccións parlamentarias nin, moito menos nas eleccións ó claustro) e que a única forma de defender un ensino público digno para os fillos dos traballadores é a organización e a mobilización.

Non acadaremos ningunha mellora seria a través dunha votación no claustro, só grazas a loita.

Malia a isto, dende o S.E consideramos que é importante que a voz da esquerda podase escoitar no claustro, como unha forma de denunciar os ataques á universidade pública por parte do reitorado. Tratase de empregar o claustro "como un altofalante" para chegar a máis sectores.

Por suposto, o feito de que sexa unha pequena minoría a que vota nas eleccións, supón unha distorsión enorme. De feito, só así se explica o importante número de claustrais que as diferentes organizacións fantasmas da dereita obtén en varias facultades. Cunha participación maior, a esquerda obtería uns resultados infinitamente mellores, porque esa é a realidade ideolóxica na sociedade e tamén na universidade. Dende o S.E non temos a menor dúbida de que canto maior sexa a participación, mellores resultados obterá a nosa organización.

Malia a isto, o primeiro a reseñar é que a esquerda volve ser maioritaria na USC por número de claustrais. 

E por primeira vez, o Sindicato de Estudantes é a segunda forza na universidade por número de claustrais.

Sen dúbida, a baixísima participación distorsiona os resultados, pero é evidente que o avance  electoral do S.E ven determinado, en última instancia, polo seu avance na implantación real, e a súa activa participación na loita (plans de Boloña, loita contra o fascismo, loita contra o plano de estudos de CC.PP, contra a eliminación do tren rexional, só por citar as últimas...).

Galiza vive un xiro á esquerda, cun auxe dende hai uns anos das mobilizacións sociais e un fortísimo incremento folguísitico. Ese xiro á esquerda beneficia ó Sindicato de Estudantes, xa que implica que as ideas do marxismo e do internacionalismo que defende,  van tendo unha acollida maior entre sectores do estudantado.

A evolución do número de claustrais é tamén un reflexo, en última instancia, da implantación real da nosa organización no ensino superior.

 

Ano da elección

2000

2004

2006

2008

Claustrais do S.E

1

2

4

7

 

Estas eleccións, ademais están marcadas por unha moi forte caída de CAF, pola inxusta exclusión de Agir e pola enorme división das organizacións amarelas e corporativas da dereita, que é incapaz de presentar unha lista unificada para toda a USC e presentan unha constelación de micro asociacións inexistentes. Nembargantes, xa se ocupará o vicerreitor de estudantes de "unificalas" e garantir a súa docilidade no claustro.

Pola súa banda, a grande caída de CAF, pasando de 26 a 14 claustrais (máis dun 46% de caída) merece un comentario.

CAF é a organización maioritaria na universidade, con dúas décadas de historia. A súa implantación debese á política combativa que aplicaron historicamente. Non obstante, é para todos evidente que a súa política mudou nos últimos tempos. Non hai dúbida que entre os militantes de CAF se atopan compañeiros loitadores e sacrificados, pero lamentablemente a política da dirección xa non é a mesma que a que fora.

O certo é que hai non moitos anos, a dirección dos CAF estaría á cabeza de calquera loita estudantil importante e nembargantes, este curso non foi así.

Dende outubro, dous foron os conflitos estudantís que estouparon na USC: a loita contra os plans de Boloña e a loita contra a implantación do novo plano de estudos en CC.PP. Desgrazadamente, a dirección dos CAF non actuaron alí como a súa condición de organización maioritaria lles esixe.

De feito,  a dirección non se ten enfrontado ós plans de Boloña, o cal é un moi serio erro. A súa reivindicación agora é que os máster que se impartiran se Boloña é aplicado, teñan o mesmo custo que os "graos", o cal é unha aceptación inaceptábel da durísima contrarreforma de Boloña.

Entre a maioría dos estudantes existe a idea xeneralizada de que os CAF "estanse a moderar". Esta moderación está directamente vencellada ó "xiro ó centro" do BNG, a organización que "apadriña" ós CAF.

Sen a menor dúbida, esta "moderación" da dirección dos CAF, e a súa menor intervención nos conflictos estudantís, está detrás do seu forte retroceso.

Dende o S.E facemos un chamamento compañeiro á base dos CAF para que recuperen á política combativa da súa organización.

A crise económica que se aveciña supón unha seria ameaza para os mozos e os traballadores. A burguesía tentará que sexamos nós os que paguemos a crise do seu sistema. Intentarán un serio ataque contra a universidade pública e volver ós vellos tempos nos que só estudaban os fillos dos ricos.

O avance do Sindicato de Estudantes é unha boa nova. Pero parar os ataques que xa están enriba da mesa e os que se aveciñan, esixe que construamos unha ferramenta de ferro. Temos que fortalecer o Sindicato de Estudantes!

Organízate con nós!

banneringles

banneringles

banner

banner

banner

banneringles

banneringles

bannersindicalistas

bannersindicalistas