Neles debatiremos a fondo as ideas da gran revolucionaria  Rosa Luxemburgo, discutiremos sobre a revolución obreira que tivo lugar en Alemaña en 1918-19, e falaremos sobre a necesidade dunha alternativa marxista hoxe.

Sobre o libro:

O levantamento dos mariñeiros de Kiel, a principios de novembro de 1918, foi o inicio dun movemento revolucionario incendiario. Os obreiros e os soldados insurrectos conquistaron cidade tras cidade, liberaron aos prisioneiros políticos, izaron a bandeira vermella nas rúas, fábricas e cuarteis e formaron os Consellos de Obreiros e Soldados. A forza da clase traballadora demostrou ser moito máis potente para derrocar ao Imperio Alemán que os obuses inimigos.

O poder encarnado polos Consellos de Obreiros e Soldados alemáns non logrou impoñerse, a diferenza do que ocorreu na Rusia revolucionaria. Os factores que determinaron este desenlace son diversos, pero un destaca entre eles: a revolución alemá foi traizoada polos dirixentes do principal partido obreiro, o SPD. Enfrontados a un inimigo con medios moi considerables, a Liga Espartaquista tratou de emular o exemplo dos bolxeviques. Pero o valor e o sacrificio en vidas humanas dos obreiros comunistas de Berlín non foron suficientes. No transcurso daqueles acontecementos non lograron crear un partido marxista de masas, e a contrarrevolución esmagou a insurrección de xaneiro de 1919 asasinando vilmente aos seus dous dirixentes máis carismáticos.

O noso afán foi establecer un fío condutor entre o pensamento de Rosa Luxemburgo e a revolución. As súas achegas transcenderon no tempo e as súas obras convertéronse en clásicos do marxismo. Pero Rosa non só foi unha teórica da clase obreira que denunciou con enerxía ao reformismo e librou unha batalla frontal contra a dexeneración da socialdemocracia alemá e a Segunda Internacional; foi sobre todo unha revolucionaria entregada á tarefa práctica da emancipación dos traballadores.

banneringles

banneringles

banner

banner

banner

banneringles

banneringles

bannersindicalistas

bannersindicalistas