O xoves 9 de xullo estaba previsto que ás 10:00 a policía entrara no número 4 da Rúa Vicente Aleixandre da Coruña para botar a Marta da súa casa. Finalmente, tras varias horas de negociacións na rúa e co apoio dunha gran resposta social no mesmo portal, o desafiuzamento cancelouse, e Marta quedouse na súa casa.
Varias horas gritando sen parar Marta e os seus fillos quédanse!, Marta ten dereito a pan, traballo e teito!, A loita é o único camiño!, Rendista culpable, goberno responsable!, A lei da vivenda é unha merda!, Cidade tensionada non resolve nada! Ou Inés, escoita estamos na loita!, en alusión á alcaldesa do PSOE na cidade e as ridículas medidas postas en marcha o ano pasado para “acabar” co problema da vivenda.
Tamén onte á mesma hora estaba previsto outro desafiuzamento, o de Tom, con graves problemas de saúde, no barrio dos Mallos. Neste caso e tras varias horas de forte presenza de activistas na porta de portal, o único que se presentou foi o cerraxeiro quedando adiado o alzamento. Unha incrible xornada de mobilización que remata con dous desafiuzamentos paralizados froito da mobilización social.
Marta ten dereito a pan, traballo e teito!
Marta é unha refuxiada ucraniana que fuxiu cos seus 4 fillos da guerra e dunha complicada situación persoal. Chegou á Coruña no ano 2022 e conseguiu saír a diante estes últimos anos con moitísimo esforzo, grazas ao seu traballo e algunhas axudas, axudas que ao rematar fixéronlle imposible manter os prezos desorbitado dos alugueres na Cidade e a negativa ata o momento de todo rendista a alugar a unha nai solteira, con catro fillos ao seu cargo e en situación de vulnerabilidade.
Desta forma comezou o proceso para botala da súa casa a ela e ós seus catros fillos. Durante aproximadamente o ano que durou este proceso, ningún servizo social lle ofreceu unha alternativa habitacional real. Aínda que iso si, ameazaron con quitarlle ós seus fillos se se quedaba na rúa e distribuílos separados a distintos centros de menores por toda Galiza.
Cando a data do levantamento quedou fixada, a Plataforma polo dereito á vivenda xunto co Sindicato de Barrio chamaron á mobilización para evitar que Marta se quedara na rúa. Vídeos en redes, pegadas de carteis, asembleas , notas a medios y múltiples accións preparatorias da acción nas que se implicaron decenas de activistas da cidade e que explican a presión do Concello por , finalmente, ter que mover ficha tras meses de pasar de Marta e a súa situación.
Onte pola mañá varias compañeiras de Esquerda Revolucionaria ,o Sindicato de Estudantes e Libres e combativas, organizacións integrantes da Plataforma polo dereito á vivenda da Coruña, acudimos xunto a case douscentos activistas, amigos, e veciños de Marta, a frear o desafiuzamento. A base de colocarnos pacificamente entre a policía e o portal do edificio, deixamos claro que non iamos permitir que entraran a por Marta. E esa determinación, sen ningunha arma mais que o noso convencemento da inxustiza que tíñamos que evitar, foi clave para conseguir a paralización.
“Un grupo de homes armados en defensa da propiedade privada”
A experiencia para todas de poder participar nun desafiuzamento e poder paralo é incrible, porque vemos o poder que temos xuntas , a clase traballadora, as golpeadas polo sistema capitalista, cando unimos forzas. É ver en vivo e en directo o que Friedich Engels explicaba no seu marabilloso texto “ A orixe da familia, a propiedade privada e o Estado”, o que é o Estado na sociedade de clases “ un grupo de homes armados en defensa da propiedade privada”. Onte estaba alí presente ese grupo , a policía armada ata os dentes, cos cascos e as luvas postas a punto de cargar, a comitiva xudicial , ameazante e violenta connosco, os servizos sociais que ata agora ameazaban a Marta con quitarlle aos seus fillos.
Nun momento, informóusenos de que a policía ía entrar á forza, e en lugar de separarnos, rapidamente se formaron varias cadeas humanas na sentada que se estaba levando a cabo na rúa, deixando claro que a policía necesitaría empregar moita forza para poder entrar no edificio.
No último momento, e coa axuda dunha comitiva negociadora conformada polo avogado de Marta , unha representante da Plataforma polo dereito á vivenda e outra do Sindicato de Barrio, parouse o desafiuzamento e déronselle a Marta cinco días de marxe para abandonar a vivenda de forma voluntaria e mudarse a unha vivenda comprometida polo concello na que poderá vivir mentres busca un novo piso onde residir. Ao coñecer a nova moitas das persoas concentradas fronte á casa de Marta en Monelos trasladáronse rapidamente ao barrio dos Mallos para participar na mobilización contra o desafiuzamento de Tom que, aínda que onte se parou, posteriormente coñecemos como ao día seguinte, venres 10 de xullo, e sen presenza xa de activistas anti desafiuzamentos , consumouse vilmente a través dun cambio de pechadura aproveitando o momento no que Tom saía a facer a compra.
A loita é o único camiño, e continua!
No caso de Marta, trátase de unha solución temporal e é moi vergoñento que o Concello , máis tendo en conta que goberna o PSOE, esperara ata onte para ofrecerlle esta alternativa tan limitada durante seis meses. O Concello ten vivendas baleiras , os bancos teñen centos de vivendas baleiras, a Sareb ten vivendas baleiras, e a única opción que lle ofrecen a unha familia que o único que está a pedir e un aluguer social que poda pagar, é unha vivenda compartida durante uns meses.
Aínda está por concretar a mudanza e a entrega de chaves a Marta, e todas estamos pendentes do que poda pasar e , no caso de que o Concello incumpra o prometido , volver a paralizar o desafiuzamento desta familia posposto para a próxima semana. Máis é evidente que a loita organizada e a determinación desta nai na defensa dos dereitos da súa familia, son a clave da paralización deste desafiuzamento e marca o camiño a seguir.
Coma ben dixo a nosa compañeira Raquel, presente na comisión negociadora, ó rematar a concentración unha vez se sabía que a protesta tivera éxito: “A única maneira de loitar contra o desafiuzamento de Marta e da súa familia, e de tantos outros que se están producindo, é a través da loita, da organización e da mobilización. A vivenda si ten solución: hai que poñer os medios, e os medios son a expropiación ós fondos voitres e ós especuladores para crear un parque de vivenda público para aluguer social”.
-------------------------------------
¡Marta y sus hijos se quedan!
Dos desahucios parados en A Coruña con la movilización masiva
El jueves 9 de julio estaba previsto que a las 10h la policía entrara en el número 4 de A Rúa Vicente Aleixandre de A Coruña para echar a Marta de su casa. Finalmente, tras varias horas de negociaciones en la calle y con el apoyo de una gran respuesta social en el mismo portal, el desahucio se canceló, y Marta se quedó en su casa.
Varias horas gritando sin parar: ¡Marta y sus hijos se quedan! ¡Marta tiene derecho a pan, trabajo y techo! ¡La lucha es el único camino! ¡Rentista culpable, Gobierno responsable! ¡La ley de la vivienda es una mierda! ¡Ciudad tensionada no resuelve nada! ¡Inés, escucha estamos en la lucha!, en alusión a la alcaldesa del PSOE en la ciudad y las ridículas medidas puestas en marcha el año pasado para “acabar” con el problema de la vivienda.
A la misma hora estaba previsto otro desahucio, el de Tom, con graves problemas de salud, en el barrio de Os Mallos. En este caso y tras varias horas de fuerte presencia de activistas en la puerta del portal, el único que se presentó fue el cerrajero quedando retrasado el alzamiento. Una increíble jornada de movilización que termina con dos desahucios paralizados fruto de la movilización social.
¡Marta tiene derecho a pan, trabajo y techo!
Marta es una refugiada ucraniana que huyó con sus 4 hijos de la guerra y de una complicada situación personal. Llegó a A Coruña en 2022 y consiguió salir adelante estos años con muchísimo esfuerzo, gracias a su trabajo y algunas ayudas, ayudas que al terminarse le hicieron imposible mantener el pago de los precios desorbitados del alquiler y la negativa hasta el momento de todo rentista a alquilar a una madre soltera, con cuatro hijos a su cargo y en situación de vulnerabilidad.
De esta forma comenzó el proceso para echarla de su casa a ella y a sus cuatros hijos. Durante aproximadamente el año que duró este proceso, ningún servicio social le ofreció una alternativa habitacional real. Aunque eso sí, amenazaron con quitarle a sus hijos si se quedaba en la calle y distribuirlos en distintos centros de menores por toda Galicia.
Cuando la fecha del levantamiento quedó fijada, la Plataforma por el Derecho a la Vivienda de A Coruña junto con el Sindicato de Barrio llamaron a la movilización para evitar que Marta se quedase en la calle. Vídeos en redes, pegadas de carteles, asambleas, notas a medios y múltiples acciones preparatorias de la acción en las que se implicaron decenas de activistas de la ciudad y que explican la presión del Ayuntamiento para, finalmente, tener que mover ficha tras meses de dar la espalda a Marta y su situación.
Ayer por la mañana compañeras de Izquierda Revolucionaria, Sindicato de Estudiantes y Libres y Combativas —organizaciones integrantes de la Plataforma por el Derecho a la Vivienda de A Coruña— acudimos junto a unos doscientos activistas, amigos y vecinos de Marta a frenar el desahucio. Colocándonos pacíficamente entre la policía y el portal del edificio, dejamos claro que no íbamos a permitir que entraran a por Marta. Y esa determinación, sin ningún arma más que nuestro convencimiento de la injusticia que teníamos que evitar, fue clave para conseguir la paralización.
“Un grupo de hombres armados en defensa de la propiedad privada”
La experiencia para todas de poder participar en un desahucio y poder pararlo es increíble, porque vemos el poder que tiene la clase trabajadora, las golpeadas por el sistema capitalista, cuando unimos fuerzas. Vimos en vivo y en directo lo que Friedrich Engels explicaba en su maravilloso texto El origen de la familia, la propiedad privada y el Estado, es decir, lo que es el Estado en la sociedad de clases: “un grupo de hombres armados en defensa de la propiedad privada”. Ayer estaba allí presente ese grupo, la policía armada hasta los dientes, con los cascos y los guantes puestos a punto de cargar, la comitiva judicial, amenazante y violenta con nosotras, los servicios sociales que hasta ahora amenazaban a Marta con quitarle a sus hijos.
En un momento dado se nos informó de que la policía iba a entrar a la fuerza, y en lugar de separarnos, rápidamente se formaron varias cadenas humanas en la sentada que se estaba llevando a cabo en la calle, dejando claro que la policía necesitaría emplear mucha fuerza para poder entrar en el edificio.
En el último momento, y con la ayuda de una comitiva negociadora conformada por el abogado de Marta, una representante de la Plataforma y otra del Sindicato de Barrio, se paró el desahucio y se le dieron a Marta cinco días de margen para abandonar la vivienda de forma voluntaria y cambiarse a una vivienda comprometida por el Ayuntamiento en la que podrá vivir mientras busca un nuevo piso donde residir. Al conocer la noticia muchas de las personas concentradas frente a la casa de Marta, en Monelos, se trasladaron rápidamente al barrio de los Mallos para participar en la movilización contra el desahucio de Tom, que, aunque ayer se paró, posteriormente conocimos como al día siguiente, viernes 10 de julio y sin presencia ya de activistas antidesahucios, se consumó vilmente a través de un cambio de cerradura aprovechando el momento en el que Tom salía a hacer la compra.
La lucha es el único camino, ¡y continúa!
En el caso de Marta se trata de una solución temporal y es muy vergonzoso que el Ayuntamiento, más aún teniendo en cuenta que gobierna el PSOE, haya esperado hasta ayer en el último momento para ofrecerle esta alternativa tan limitada durante seis meses. El Ayuntamiento tiene viviendas vacías, los bancos tienen cientos de viviendas vacías, la Sareb tiene viviendas vacías, y la única opción que le ofrecen a una familia que lo único que está pidiendo es un alquiler social que pueda pagar, es una vivienda compartida durante unos meses.
Aún está por concretar la mudanza y la entrega de llaves a Marta, y todas estamos pendientes de lo que pueda pasar y, en caso de que el Ayuntamiento incumpla lo prometido, volver a paralizar el desahucio de esta familia pospuesto para la próxima semana. Pero es evidente que la lucha organizada y la determinación de esta madre en la defensa de los derechos de su familia, son la clave de la paralización de este desahucio y marca el camino a seguir.
Como bien dijo nuestra compañera Raquel, presente en la comisión negociadora, al terminar la concentración y una vez se sabía que la protesta había tenido éxito: “La única manera de luchar contra el desahucio de Marta y de su familia, y de tantos otros que se están produciendo, es a través de la lucha, de la organización y de la movilización. La vivienda sí tiene solución: hay que poner los medios, y los medios son la expropiación a los fondos buitres y a los especuladores para crear un parque de vivienda público para alquiler social”.




















