Logo de que, en febreiro-marzo, o Comité de Empresa desaproveitase a botadura do megabuque Juan Carlos I perante o propio monarca para presionar a favor do convenio, a empresa mostrou o seu "agradecemento" entregando a súa proposta, que é un auténtico insulto: un incremento salarial ridículo, unha nova clasificación do persoal sen ter en conta a situación actual de cada traballador, que a antigüidade sexa un criterio secundario nos ascensos, control policial no posto de traballo, avances na flexibilidade da xornada e na mobilidade xeográfica, potenciación dos visitadores médicos para perseguir ós doentes, restricción de licencias, dobre escala salarial para os novos ingresos...

En poucas palabras, a proposta empresarial significaría a liquidación de tódalas conquistas sociais das últimas tres décadas e demostra ata que punto a empresa -e polo tanto o goberno, xa que é unha empresa pública- está á ofensiva, ofensiva que non se deriva tanto da súa fortaleza como da debilidade sindical porque, como é ben sabido, a debilidade invita á agresión.

¿Cambio de rumbo na estratexia sindical?

Logo de varias xuntanzas coa empresa sen resultados, o 3 de xullo o Comité Intercentros sacou un comunicado que é un paso adiante respecto á dinámica da negociación colectiva durante a primeira metade deste ano. Parece que os comités das distintas factorías empezan a entender a situación á que nos enfrontamos, pero dicimos só que "parece" por dúas razóns:
1) Porque sería positivo que a belixerancia que anuncia ese comunicado (asembleas en tódolos centros de traballo, paros de dúas horas o 11 de setembro...) se empece a concretar nunha actitude firme perante as continuas decisións unilaterais que toma a empresa: acoso ós compañeiros en situación de baixa médica, interpretación restrictiva de licenzas retribuídas, etc.
2) Porque o comunicado contén unha frase que evidencia que aínda non o entenderon do todo. En concreto, unha referida ás medidas do calendario de mobilizacións: "Valoración da posta en marcha de medidas de non colaboración sobre a producción á volta das vacacións". ¿Cómo que valoración? ¿E que aínda non está claro que sen cortar calquera colaboración coa empresa é imposible abordar en condicións a negociación dun convenio? Xa sabemos que actualmente a chave da producción a teñen os compañeiros das empresas auxiliares, que son maioría, pero a razón para cortar as horas extras é principalmente sindical. ¿Alguén se pode imaxinar unha negociación colectiva na que unha parte dos traballadores perdemos horas pola mañá, outra parte non as perde porque as recupera pola tarde e outra parte traballa toda a mañá e ademais fai horas extras pola tarde? É sindicalmente imposible abordar así unha negociación colectiva porque desmoralizaría ós traballadores máis comprometidos co convenio. O convenio é para todos e as condicións teñen que ser iguais para todos. Calquera outra opción é un erro sindical. Por iso hai que cortar tódalas horas extras sen excepción.
Só hai unha alternativa para defender as nosas condicións laborais e impedir os plans que a empresa está aplicando pouco a pouco pola vía dos feitos consumados: unha actitude firme dos traballadores, empezando polo Comité de Empresa, e un sindicalismo combativo que non se resigne ante a realidade, senón que loite por cambiala.

banner

banneringles

banner

banner

banner

banneringles

banneringles

bannersindicalistas

bannersindicalistas