O pasado 10 de marzo, día da clase obreira galega,
o sector Naval da provincia de Pontevedra volvíase a pór en folga. Nela,
esixíase, principalmente, a inmediata reincorporación dos despedidos que houbo
con motivo da folga polo convenio provincial do Metal en Pontevedra entre maio
e xuño de 2009, pero tamén "que non se renegocie o convenio ás costas dos
traballadores", como afirman desde a CIG. A folga foi convocada en solitario
pola CIG, sindicato maioritario no Naval, que non asinou o acordo ó que
chegaron os dirixentes de UGT e CCOO coas patronais do sector e no que, entre
outras cousas, asinaron a eliminación da Bolsa de Emprego, conquista lograda
logo da folga polo convenio en 2006.
Fin entradilla
A Bolsa de Emprego supuña a regulación da contratación no sector, controlada polos sindicatos. Deste xeito, todo traballador que acabara contrato nunha empresa entraba na bolsa e volvería ser contratado por orde de entrada na mesma, co que se garantiría que o empresario non podería represaliar ós traballadores máis "conflitivos", é dicir, ós máis combativos e reivindicativos.
A convocatoria de folga desatou novamente a hostilidade da patronal e a prensa burguesa. Pero o máis desconcertante foi a oposición dos dirixentes de UGT e CCOO á mesma, con argumentos que en nada diferían ós dos empresarios, ademais de acusar á CIG de asinar tamén esa supresión da Bolsa, cando o que en realidade asinaron, segundo afirma a propia CIG, foi unha moratoria de 45 días.
Con todo isto, e a pesar da abusiva presenza policial (cacheos e identificacións incluídas), o seguimento foi moi importante: un 80%, segundo afirma a CIG. A manifestación que percorreu as rúas de Vigo, fixo unha parada na acampada que teñen montada outros compañeiros despedidos do Naval.
Un mes acampados ante a Xunta
Xusto o día antes da folga estivemos charlando con algúns traballadores da Asemblea de parados do Naval, acampados desde o día 1 de marzo enfronte do edificio da Xunta en Vigo. Son uns 40 traballadores, aínda que polo día hai algún máis. A súa principal reivindicación é un posto de traballo, o cal perderon coa "regulación" da contratación. Teñen a idea de estar acampados permanentemente, ata conseguir o seu obxectivo. Levan máis de 5 meses protestando, máis de 30.000 panfletos repartidos entre a poboación viguesa, asembleas en estaleiros como Freire, Barreiras, Santo Domingo e peches pacíficos nos vestiarios de Barreiras, onde "a policía desaloxounos coma se fósemos terroristas". Saben perfectamente que non lles queda outro camiño que loitar porque como din "o que temos que perder levámolo posto; non imos pedir esmola porque temos un oficio (...) non imos parar".
Cada día que pasa son máis os compañeiros que deciden acampar con eles, cousa que causa preocupación entre as "autoridades" laborais, que esperaban que a iniciativa durase pouco tempo. Entre os apoios que reciben está o dos delegados sindicais da CIG e o de boa parte da poboación traballadora viguesa. De feito, moita xente achégase para mostrarlles apoio e tráenlles alimentos, que é o único que necesitan e piden para poder resistir acampados.
A razón pola que foron despedidos foi que "non había traballo", cousa totalmente falsa porque como eles explican "mandan a casa a 30 compañeiros un venres e o luns entran 50 traballadores estranxeiros". Por suposto, a estes traballadores explótanos sobremaneira, "cobran menos de 800 euros incluíndo pagas e extras, cando o soldo de oficial é de 1.300 euros; traballan sábados e domingos, 11 horas diarias", é dicir, "rozan a escravitude". Estes negreiros saben perfectamente as necesidades que teñen estas persoas, que ademais de cobrar menos, debido á súa situación, son menos "conflitivos". A patronal trata de tirar pola borda todas as conquistas históricas e introducir o veleno do racismo con respecto a eses compañeiros de fóra, ós que explotan vilmente. Os compañeiros da Asemblea de parados téñeno moi claro: "a culpa é do empresario, que aínda por encima de non cumprir o estipulado no convenio, quérennos tachar de racistas, pero diso nada, nós estamos protestando porque se nos despediu", e ademais, contratando a estes compañeiros tamén "están empeorando as condicións laborais dentro dos estaleiros", chegando ó momento ata de "controlar á xente o tempo de ir ó baño ou ata compañeiros que dormen nos coches ou nos vestiarios". Algo totalmente inhumano e que nos devolve ás condicións do século XIX.
Traballo hai, "Barreiras ten carga de traballo a tope ata 2013". Queda claro que os motivos dos despedimentos son de represión sindical, e non laborais. Saben que "hai listas negras da patronal" e eles están nelas.
O ambiente entre gran parte dos traballadores do sector "é de medo a perder o posto de traballo se protestan ou reivindican" e "debido ás represalias que toman os empresarios". Cóntannos, por exemplo, que "cando fomos a facer unha asemblea, houbo represión ó resto de traballadores; sacaron ata fotos dos compañeiros que asistían, que logo chegaron á dirección". A pesar de todo, cara a eles "hai un gran sentimento de solidariedade e compañeirismo; ata cando fomos a algunha fábrica a informar da nosa situación, moitos compañeiros quixeron parar ese mesmo día".
Comentan que "nós queremos que isto sexa a chispa; hai 4 millóns de parados, que facemos en casa? Nós o que queremos é que a xente nos mire e diga: por que non?". Tamén opinan que "unha folga xeral sería ideal", pero "teñen que involucrarse os sindicatos, eles teñen os medios". E aínda que non teñen moita confianza nas direccións de CCOO e UGT e son moi críticos co papel que xogaron en todo este conflito, teñen claro que "coa base de CCOO e UGT si hai relación de compañeirismo e solidariedade". En definitiva, que estes compañeiros saben perfectamente que non lles queda outra saída que loitar.
Desde o Militante desexámoslles éxito no seu obxectivo e querémoslles agradecer a súa amabilidade durante toda a charla. Pola nosa banda, estamos convosco, compañeiros.