Entrevista a Luzía Domínguez e Virginia Rodríguez, delegadas da CIG no Comité de empresa de Stradivarius na provincia da Coruña

Os pasados 10 de decembro e 7 de xaneiro as traballadoras do comercio téxtil da provincia da Coruña pechaban tendas e tomaban as rúas da cidade en dúas xornadas de folga  moi potentes, convocadas pola CIG e UGT. Unha resposta clara e contundente a ARTE, á nova súper patronal do sector liderada por Inditex,  e  ao seu intento de impoñer un convenio estatal de recortes.  

O Militante: Hai xusto tres anos que vos entrevistábamos para falar da histórica folga das traballadoras de Inditex da Coruña, que culminou cunha subida salarial do 25% e prendeu a mecha para estender a loita e as conquistas a outras zoas do Estado. Agora sodes as traballadoras de todo o sector téxtil da Coruña as  que vos mobilizades. Cal é  a situación actual  e que relación garda  con aquelas loitas en Inditex

Luzía e Virginia: Tras aquelas folgas  Inditex impulsaba a creación desta patronal  de grandes multinacionais do comercio téxtil co obxectivo de ter a capacidade para negociar un convenio estatal. De feito o apoderado de Inditex, Pablo Francesh, e o vicepresidente de Arte. Hai tres anos a mobilización comezou na Coruña pero despois estendeuse a todo o Estado e Inditex  tivo que aceptar melloras importantes. Nos non cremos nas casualidades e o que vemos é unha estratexia  da patronal de alonxar as negociacións das nosas condicións laborais dos territorios onde hai, ou pode haber, oposición.

Librería"
Luzía Domínguez delegada da CIG no Comité de empresa de Stradivarius na provincia da Coruña. 

Queren negociar cos sindicatos maioritarios que aceptan os ataques  saltando por enriba das opcións sindicais, como é o noso caso coa CIG , que nos opoñemos e temos ademais maioría na representatividade sindical no noso territorio.

A situación na Coruña é que temos un convenio provincial do comercio téxtil que levamos vinte anos loitando por mellorar e que caducou o 31 de decembro de 2025. De aprobarse este convenio estatal,  que ata agora non existía,  sería o que nos aplicarían e perderíamos moitísimo.

OM: En que condicións quedariades co convenio de ARTE?

LyV: Sería un retroceso de 20 anos nas nosas condicións. Nos salarios, aínda que para a xente que xa estamos traballando pódese protexer, para as novas contratacións habería unha perda de entre 2.000 e 3.000 euros ao ano e perderíamos pluses como o de permanencia que, aínda que sexa pouco, van sumando cada cuatrienio.

Nas licenzas retribuídas perderíamos os asuntos propios e a cobertura do 100% nas baixas desde o primeiro día.

Na conciliación, moi  importante nun sector no que a maioría somos mulleres, o noso dereito á redución de xornada pasaría a ser só ata os 12 anos dos nosos fillos e fillas, agora témolo ata os 14. E perderíamos a voluntariedade  de traballar os domingos e festivos abrindo a porta a que se paguen tamén de maneira ordinaria.

OM: Cando coñecestes o ataque e cal foi a reacción das traballadoras cando o coñeceron?

LyV: No 2023 constituíuse a nova patronal ARTE . E no 2024 arranca a negociación do convenio de comercio téxtil estatal e as reunións de ARTE sen contido de propostas, pero antes do verán de 2025  de repente aparecen plataformas, pisan o acelerador das reunións e nos comezamos a informar nas tendas. O convenio provincial tamén caducaba pronto e, no  caso de Inditex, remataba enseguida o acordo de hai tres anos da subida retributiva.

Con todo isto enriba da mesa en novembro se fan públicas as propostas de ARTE,  e tanto CCOO coma FETICO non se opoñen. As compañeiras da Coruña, que  estabamos  coa mente posta en mellorar as condicións no convenio provincial, de repente o que vemos e que temos que defender o que xa tíñamos conquistado. A xente, despois da primeira reacción lóxica de incredulidade ante a ameaza real de recortes, tíñano claro e estaban  pedindo facer algo, e nos preguntaban as delegadas cando íamos a mobilizarnos. A reposta finalmente foi a folga e a manifestación do 10 de decembro que foron tremendas.

Malia a represión que houbo, a actitude provocadora da policía nacional, e os bulos das empresas dicindo, oralmente claro, que non nos ía a afectar o novo convenio, saíu moi ben , incorporándose compañeiras de tendas moi represivas que ata agora non tiñan estado tan activas e organizadas. Hai tres anos saímos as traballadoras de Inditex, agora  estábamos coas  de H&M, Mango, Primark e moitas outras tendas mais pequenas onde non é fácil saír. O traballo de rúa, aínda que tivemos pouco tempo, foi importante. A xente estaba bastante  convencida de que ían  facer a folga pero necesitaban mais datos, ter toda a información, para gañar confianza, e iso tivémolo que facer tenda a tenda.

OM: O impacto da folga do día 10 foi claro, mais tivéchedes que saír novamente o dia 7, o primeiro día das rebaixas. Cal é agora mesmo a situación, cal foi a resposta da patronal e que plans tedes?

LyV: A folga do 10 foi para facela coincidir coa reunión de ARTE en Madrid. Froito da mobilización nesa reunión a patronal tivo que saír ao paso comprometéndose a respectar os acordos marco interprofesionais nos territorios. Segundo iso, terían prioridade os convenios provinciais, o que pasa é que,  ademais de que iso non o puxeron por escrito, ese tipo de acordo só os teñen en Euskadi e esta caducado.

Librería"
Virginia Rodríguez, delegada da CIG no Comité de empresa de Stradivarius na provincia da Coruña. 

Foi un xeito de tratar de desmobilizar. Aquí nin temos Acordo Marco galego nin a patronal puxo nada por escrito. Ao día seguinte mandamos a solicitude ao Consello Galego de relacións laborais para que mediase e que a patronal puxera o compromiso por escrito e uns días despois convocamos a folga do 7 de xaneiro, coincidindo co primeiro día das rebaixas. Volveu a saír moi ben, aínda que outra vez, as empresas movéronse moitísimo antes da convocatoria formal da mesma, contratando xente temporal para eses días e implicando aos recursos humanos e ás direccións de tenda.

Ao día seguinte nunha reunión informal do Consello Galego de Relacións Laborais cos sindicatos saíu o compromiso de citar a patronal e xa temos data,  na que citan á patronal e aos sindicatos, para o vindeiro 29 de xaneiro. Sabemos que este organismo, aínda que parecía favorable á negociación do Marco galego,  non ten capacidade executoria de obrigar á patronal a nada, así que estamos a espera de ver que pasa nesa reunión sendo moi conscientes de que a nosa  forza está na mobilización

Tamén estamos pendentes do que pase na próxima reunión de ARTE o 21 de xaneiro, porque iso vai seguir independentemente do que pase co convenio provincial aquí. Que saibamos en Madrid tamén comeza a haber oposición ao convenio de ARTE, e o ideal sería estender esa oposición. Aínda queda  moito por facer a nivel estatal e non é nada sinxelo, sabémolo, pola precariedade, a temporalidade e as distintas realidades sindicais nas zonas. Pero non podemos permitir que coa escusa dunha suposta igualación, nos rebaixen a todas que é o que a patronal quere. Onde temos forza temos que empuxar para mellorar porque iso nos vai a beneficiar a todas, como pasou nas folgas de hai tres anos en Inditex.

As nosas reivindicacións son claras: non ao convenio de ARTE, e sinatura dun marco galego que salvagarde as condicións que xa temos no convenio provincial. Necesitamos mellorar, non empeorar, e menos cando a patronal do sector rexistrou beneficios récord este ano pasado.

 

----------------------------------------------------------------------------

Entrevista a Luzía Domínguez y Virginia Rodríguez , delegadas de la CIG en el Comité de empresa de Stradivarius en la provincia de A Coruña.

Los pasados 10 de diciembre y 7 de enero las trabajadoras del comercio textil de la provincia de A Coruña cerraban tiendas y tomaban las calles de la ciudad en dos jornadas de huelga  muy potentes, convocadas por la CIG y UGT. Una respuesta clara y contundente a ARTE,  la nueva súper patronal del sector liderada por Inditex,  y su intento  de imponer un convenio estatal de recortes. 

El Militante: Hace justo tres años que os entrevistábamos para hablar de la histórica huelga de las trabajadoras de Inditex de A Coruña, que culminó con una subida salarial del 25% y prendió la mecha para extender la lucha y las conquistas a otras zonas del Estado. Ahora sois las trabajadoras de todo el sector textil de A Coruña las  que os movilizáis. Cuál es  la situación actual  y que relación guardia  con aquellas luchas en Inditex

Luzía y Virginia: Tras aquellas huelgas  Inditex impulsaba la creación de esta patronal  de grandes multinacionales del comercio textil con el objetivo de tener la capacidad para negociar un convenio estatal. De hecho el apoderado de Inditex, Pablo Francesh ,  es  vicepresidente de ARTE. Hace tres años la movilización comenzó en A Coruña pero después se extendió a todo el Estado e Inditex  tuvo que aceptar mejoras importantes. Nosotras no creemos en las casualidades y lo que vemos es una estrategia  de la patronal de alejar  la negociación de nuestras condiciones laborales de los territorios donde hay, o puede haber, oposición.

Quieren negociar con los sindicatos mayoritarios, que aceptan los ataques,  saltando por encima de los sindicatos, como es nuestro caso con la CIG , que nos oponemos y tenemos además la mayoría en la representatividad sindical en nuestro territorio.

La situación en A Coruña es que tenemos un convenio provincial del comercio textil que llevamos veinte años luchando por mejorar y que caducó el 31 de diciembre de 2025. De aprobarse este convenio estatal,  que hasta ahora no existía,  sería el que nos aplicarían y perderíamos muchísimo.

EM: ¿En que condiciones os quedaríais con el convenio de ARTE?

LyV: Supondría un retroceso de 20 años en nuestras condiciones . Respecto a los salarios, aunque para la gente que ya estamos trabajando existen mecanismos de protección, para las nuevas contrataciones supondría una pérdida de  2.000 y 3.000 euros al año , y perderíamos pluses como el de permanencia que,  aunque sea poco, van sumando cada cuatrienio.

En las licencias retribuidas perderíamos los asuntos propios y la cobertura del 100% de las bajas desde el primer día.  

En cuanto a la conciliación, muy  importante en un sector en el que la mayoría somos mujeres, nuestro derecho a la reducción de jornada pasaría a ser solo hasta los 12 años de nuestros hijos y hijas, ahora lo tenemos hasta los 14. Y perderíamos también la voluntariedad  de trabajar los domingos y festivos abriendo la puerta a que se paguen también al precio de una  jornada ordinaria.

EM: ¿ Cuando supisteis del ataque y cuál fue la reacción de las trabajadoras cuando lo conocieron?

LyV: En el año 2023 se constituyó la nueva patronal ARTE. Y en el 2024 arranca la negociación del convenio de comercio textil e as reunións de ARTE sin contenido de propuestas, pero antes del verano de 2025 de repente aparecen plataformas, pisan el acelerador de las reuniones y nosotras comenzamos a informar en las tiendas. El convenio provincial también caducaba pronto y, en el  caso de Inditex, finalizaba enseguida el acuerdo de hace tres años de la subida retributiva.

Con todo esto encima de la mesa en noviembre se hacen públicas las propuestas de ARTE,  y tanto CCOO como FETICO no se oponen. Las compañeras de A Coruña, que  estábamos  con la mente puesta en mejorar las condiciones en el convenio provincial, de repente lo que nos encontramos es que tenemos que defender lo que ya habíamos conquistado. La gente, después de la primera reacción lógica de incredulidad ante la amenaza real de recortes, lo tenían claro y estaban  pidiendo hacer algo, y nos preguntaban las delegadas cuando íbamos a movilizarnos. La repuesta finalmente fue la huelga y la manifestación de 10 de diciembre  que fueron tremendas.

A pesar de la represión que hubo, de la actitud provocadora de la policía nacional y los bulos de las empresas diciendo, oralmente claro, que no nos iba a afectar el nuevo convenio, salió muy bien , incorporándose compañeras de tiendas muy represivas que hasta ahora no habían estado tan activas y organizadas. Hace tres años salimos las trabajadoras de Inditex, ahora  estabamos con las  H&M, Mango, Primark y otras , algunas también más pequeñas donde no es fácil salir a luchar. El trabajo de calle, aunque tuvimos poco tiempo, fue importante. La gente estaba bastante  convencida de que iban  a hacer la huelga pero necesitaban mas datos, tener toda la información para ganar confianza, y eso lo tuvimos que hacer tienda a tienda.

EM: El impacto de la huelga del día 10 fue claro, pero tuvisteis que volver a salir nuevamente el 7 de enero, primer día de las rebajas. ¿Cuál es ahora mismo la situación?¿ cuál fue la respuesta de la patronal y que planes tenéis?

LyV: La huelga del 10 fue ese día para hacerla coincidir con la reunión de ARTE en Madrid. Fruto de la movilización en esa reunión la patronal tuvo que salir del paso comprometiéndose a respetar los acuerdos marco interprofesionales en los territorios. Según eso, tendrían prioridad los convenios provinciales, lo que pasa es que,  además de que eso no lo pusieron por escrito, ese tipo de acuerdo solo lo tienen en Euskadi y esta caducado.

Fue una forma de tratar de desmobilizar. Aquí ni tenemos Acuerdo Marco gallego ni la patronal puso nada por escrito. Al día siguiente mandamos la solicitud al Consejo Gallego de relaciones laborales para que mediara y que la patronal pusiese por escrito  el compromiso por escrito, y unos días después convocamos la huelga de 7 de enero , coincidiendo con el primer día de  rebajas. Volvió a salir muy bien, aunque otra vez, las empresas se movieron muchísimo antes de la convocatoria formal , contratando gente temporal para esos días e implicando a los recursos humanos y a las direcciones de tienda.

Al día siguiente en una reunión informal del Consejo Gallego de Relaciones Laborales con los sindicatos salió el compromiso de citar a la patronal y ya tenemos fecha,  en la que citan a la patronal y a los sindicatos, para el próximo 29 de enero. Sabemos que este organismo, aunque parecía favorable a la negociación del Marco gallego,  no tiene capacidad ejecutora de obligar a la patronal a nada, así que estamos la espera de ver que pasa en esa reunión siendo muy conscientes de que nuestra  fuerza está en la movilización

También estamos pendientes de lo que pase en la próxima reunión de ARTE el 21 de enero, porque eso va a seguir independientemente de lo que pase con el convenio provincial aquí. Que sepamos en Madrid también comienza a haber oposición al convenio de ARTE, y lo ideal sería extender esa oposición. Aún queda  mucho por hacer a nivel estatal y no es nada sencillo, lo sabemos, por la precariedad, la temporalidad y las distintas realidades sindicales en las zonas. Pero no podemos permitir que, con la excusa de una supuesta igualación, nos rebajen a todas , que es lo que la patronal quiere. Donde tenemos fuerza tenemos que empujar para mejorar porque eso nos va a beneficiar a todas, como pasó en las huelgas de hace tres años en Inditex.

Nuestras reivindicaciones son claras: no al convenio de ARTE, y firma de un Marco gallego que salvaguarde las condiciones que ya tenemos en el convenio provincial. Necesitamos mejorar, no empeorar, y menos cuando la patronal del sector registró beneficios récord este año pasado.

banner

banner

banner

banner

banner

banner

banner

banneringles

banneringles

bannersindicalistas

bannersindicalistas