A continuación publicamos el comunicado aprobado en el día de hoy por el comité de empresa de Navantia Ferrol, a propuesta de la sección sindical de CGT, en solidaridad con los compañeros represaliados en contra de las listas negras en la Bahía de Cádiz. También apelan al resto de comités de empresa del grupo y al comité intercentros para que se posicionen mostrando su apoyo a esta justa lucha.
Pincha aquí para descargar el comunicado
----------------------------------
COMUNICADO DO COMITÉ DE EMPRESA DE NAVANTIA FERROL
O Comité de Empresa de Navantia Ferrol quere expresar a súa total solidariedade cos traballadores da Industria Auxiliar en San Fernando, que están a levar a cabo distintas accións e reivindicacións contra a existencia de listas negras na Baía de Cádiz, motivadas polo seu activismo sindical, un dereito básico e fundamental.
Estas prácticas represivas, máis propias de réximes autoritarios e abertamente antisindicais, non teñen cabida nunha sociedade democrática. A acción sindical non pode ser nin reprimida nin castigada con métodos doutras épocas.
Navantia non debe adoptar ningún tipo de medida en contra das accións destes compañeiros, que manteñen unha loita lexítima fronte ás súas condicións laborais, nas que a precariedade é a norma. Resulta especialmente grave que se lles chegue a impedir mesmo a entrada de comida nas instalacións. O que Navantia debe facer é eliminar a precariedade existente na Industria Auxiliar, evitando que este tipo de situacións se produzan.
Cómpre lembrar que Navantia é unha empresa pública, polo que non caben este tipo de represalias contra o movemento obreiro nas súas instalacións, e menos aínda cun accionariado liderado por un goberno que se define como progresista.
En definitiva, enviamos un comunicado de solidariedade de clase e fraternal coa loita destes compañeiros, que combaten a precariedade laboral, e esiximos o fin das listas negras e de todas as accións antisindicais, especialmente cando proceden dunha empresa pública.
Facemos tamén un chamamento ao resto de comités de empresa e ao Comité Intercentros para que amosen publicamente a súa solidariedade con estes compañeiros nesta xusta loita.
Navantia Ferrol a 10.04.2026



















