Este martes 28 de abril as rúas de Compostela convertéronse nun tremendo clamor de profesores, alumnos e alumnas contra os ataques e os recortes da Xunta do PP contra o ensino público.  

Ao berro de ‘Ensino público e de calidade’, ‘Non nos fai gracia tanta burocracia’ ‘Dereitos conquistados non poden ser roubados’ e encabezados por unha pancarta co lema ‘Loitando construímos o ensino público galego’, máis de 5.000 manifestantes saímos da Alameda ás 12.00 horas para, tras unha longa marcha, acabar fronte a sede da Xunta en San Caetano.

A política de recortes e as privatizacións da Xunta do PP levaron ás aulas e ao profesorado ao límite, e a demanda de mellores condicións de atención á diversidade, a redución de ratios, horas lectivas e carga burocrática para o profesorado son o único xeito de manter un ensino público digno e de calidade. Esta é a situación que levou a esta sexta xornada de folga do profesorado neste curso, e a primeira na que se unían á convocatoria os e as profes organizadas nas Asembleas Abertas do Ensino público, así como, tras a convocatoria de folga estudantil por parte do Sindicato de Estudantes, a primeira vez que confluímos profes e estudantes, abrindo o camiño á mobilización conxunta de toda a comunidade educativa.

O contexto desta folga non podía ser mellor, enmarcada nun auténtico tsunami de loitas educativas que percorren todo o Estado; Valencia, Madrid, Catalunya, Aragón ou Andalucía, e coincidindo ademais coas mobilizacións exemplares das traballadoras de infantil 0-3, a batalla educativa amplíase sen parar abrindo a porta á extensión e a unificación de todos os sectores afectados de todas as etapas educativas, desde 0-3 ata a Universidade.

Eses foron precisamente as ideas que os e as compañeiras do Sindicato de Estudantes destacamos nas nosas pancartas: “Profes e estudantes en defensa do ensino público” e “Nin recortes nin privatización de 0-3 á Universidade”.

A pesar das datas e da tremenda calor da xornada, o impacto da folga foi moi forte, non só entre o profesorado senón tamén entre os e as estudantes. Tampouco serviron de nada, só para indignar máis ao conxunto da comunidade educativa, os patéticos intentos de desmobilizar as xornadas previas á folga con anuncios de acordos sobre supostas melloras da Xunta con CCOO, UGT e ANPE, os sindicatos asinantes do acordo da vergoña que consolidaba os ataques hai dous anos. Están desesperados e non saben como aplacar este movemento tan forte que non fixo máis que ampliarse e fortalecerse nesta nova xornada. Así o demostran as declaracións patéticas do Conselleiro Román Rodríguez intentando desprestixiar esta xornada de folga e mobilización cun pírrico e falso dato de seguimento do 8%! Calquera que estivese na manifestación dáse conta da realidade, a mani máis grande de todo o curso e cun seguimento moi potente da folga. A máis seguimento a Xunta do PP dá cifras máis ridículas, non teñen a máis mínima credibilidade.

Unha loita conxunta que, tras o éxito desta xornada de folga e manifestación, ten agora no horizonte próximo a xornada de mobilizacións de toda a comunidade educativa o 6 de maio pola tarde en todas as principais localidades galegas. Alí estaremos os e as compañeiras do Sindicato de Estudantes, empuxando para preparar o ambiente para un inicio de loita o próximo curso.

Profes, estudantes e familias unidas e adiante en defensa do ensino público

Nin recortes nin privatización de 0-3 a Universidade

Xuntas somos máis fortes para botar atrás os ataques. O próximo 6 de maio vémonos nas rúas!

*

*

*

Huelga educativa 28 de abril en Galicia

Un clamor en defensa de la educación pública toma las calles de Compostela

Sindicato de Estudantes

Este martes 28 de abril las calles de Compostela se convirtieron en un tremendo clamor de profesores, alumnos y alumnas contra los ataques y los recortes de la Xunta del PP a la educación pública. 

Al grito de ‘Ensino público e de calidade’, ‘Non nos fai gracia tanta burocracia’ ‘Dereitos conquistados non poden ser roubados’ y encabezados por una pancarta con el lema ‘Loitando construimos o ensino público galego’, más de 5.000 manifestantes salimos de la Alameda a las 12.00 horas para, tras una larga marcha, acabar frente a la sede de la Xunta en San Caetano.

La política de recortes y las privatizaciones de la Xunta del PP han llevado a las aulas y al profesorado al límite, y la demanda de mejores condiciones de atención a la diversidad, la reducción de ratios, horas lectivas y carga burocrática para el profesorado son la única manera de mantener una enseñanza pública digna y de calidad. Esta es la situación que ha llevado a esta sexta jornada de huelga del profesorado en este curso, y la primera en la que se unían a la convocatoria los y las profes organizadas en las Asambleas Abertas do Ensino público, así como, tras la convocatoria de huelga estudiantil por parte del Sindicato de Estudantes, la primera vez que confluimos profes y estudiantes, abriendo el camino a la movilización conjunta de toda la comunidad educativa.

El contexto de esta huelga no podía ser mejor, enmarcada en un auténtico tsunami de luchas educativas que recorren todo el Estado; Valencia, Madrid, Catalunya, Aragón o Andalucía, y coincidiendo además con las movilizaciones ejemplares de las trabajadoras de infantil 0-3, la batalla educativa se amplía sin parar abriendo la puerta a la extensión y la unificación de todos los sectores afectados de todas las etapas educativas, desde 0-3 hasta la universidad.

Esos fueron precisamente las ideas que los y las compañeras del Sindicato de Estudantes destacamos en nuestras pancartas: “Profes e estudantes en defensa do ensino público” y “Nin recortes nin privatización de 0-3 a Universidade”.

A pesar de las fechas y del tremendo calor de la jornada, el impacto de la huelga ha sido muy fuerte, no sólo entre el profesorado sino también entre los y las estudiantes. Tampoco sirvieron de nada, sólo para indignar más al conjunto de la comunidad educativa, los patéticos intentos de desmovilizar las jornadas previas a la huelga con anuncios de acuerdos sobre supuestas mejoras de la Xunta con CCOO, UGT y ANPE, los sindicatos firmantes del acuerdo de la vergüenza que consolidaba los ataques hace dos años. Están desesperados y no saben cómo aplacar este movimiento tan fuerte que no ha hecho más que ampliarse y fortalecerse en esta nueva jornada. Así lo demuestran las declaraciones patéticas del Conselleiro Román Rodríguez intentando desprestigiar esta jornada de huelga y movilización con un pírrico y falso dato de seguimiento del 8%! Cualquier que estuviese en la manifestación se da cuenta de la realidad, la más grande de todo el curso y con un seguimiento muy potente. A más seguimiento la Xunta del PP da cifras más ridículas, no tienen la más mínima credibilidad.

Una lucha conjunta que, tras el éxito de esta jornada de huelga y manifestación, tiene ahora en el horizonte próximo la jornada de movilizaciones de toda la comunidad educativa el 6 de mayo por la tarde en todas las principales localidades gallegas. Allí estaremos los y las compañeras del Sindicato de Estudantes, empujando de cara a preparar el ambiente para un inicio de lucha el próximo curso.

Profes, estudiantes y familias unidas y adelante en defensa de la educación pública

Ni recortes ni privatización de 0-3 a Universidad

Juntas somos más fuertes para echar atrás los ataques. ¡El próximo 6 de mayo nos vemos en las calles!

banner

banner

banner

banner

banner

banner

banner

banner

banneringles

banneringles

bannersindicalistas

bannersindicalistas