O pasado martes 19 de maio, máis de 18.000 traballadores do metal da provincia da Coruña secundaron a primeira folga convocada por CIG, CCOO e UGT pola negociación do convenio (vencido dende o 31 de decembro). O resultado foi unha impresionante demostración de forza. Os piquetes foron innecesarios, xa que tanto as principais empresas coma os polígonos industriais de Ferrol, A Coruña e Santiago estaban totalmente baleiros.
Por exemplo, nos estaleiros ferroláns de Navantia o paro foi total dende as 10 da noite do luns. Nin sequera os traballadores da empresa principal, que temos convenio propio, entramos a traballar. A pouca xente que se acercou os piquetes, que dende as 5 da mañá ocupabamos as portas dos estaleiros, o fixo para reforzar a loita.
Ao mediodía milleiros de traballadores, que conformaban os piquetes nas 3 cidades da provincia, se mobilizaron en manifestacións que percorreron algúns dos polígonos industrias. Na Coruña foron máis de 5.000 traballadores os que, dende o polígono da Grela, percorreron as rúas coruñesas ate plantarse diante da patronal. En Ferrol, máis de 2.000 persoas percorremos o polígono da Gándara.
Esta primeira folga de 24 horas foi o punto de arranque dunha loita na que, ademais de cortar as prolongacións de xornada, xa estaba anunciada unha folga de 48 horas os vindeiros 26 e 27 de maio.
Forrándose mentres nos empobrecen: a hipocrisía dunha patronal parasitaria
Esta folga é a resposta a unha realidade insoportable. Hai uns días dabamos algún dato que explicaba a situación en Pontevedra, isto é totalmente extensible á Coruña. De feito, na Galiza, segundo o INE, a vivenda se encareceu un 4,9% e os alimentos un 3,2% só en 2025. O alugueiro non para de subir e, segundo Idealista, a suba en Ferrol alcanzou o 12,1% no último ano, mentres que na Coruña, malia a “zona tensionada”, o prezo medio supera os 10 €/m². Así, o risco de pobreza ou exclusión social na Galiza disparouse 3,3 puntos nun ano, ata o 22,1%. E sobre todo iso, o salario medio galego segue 230 €/mes por baixo da media estatal segundo o IGE.
A outra cara da moeda son as deslumbrantes cifras da patronal. Segundo o propio informe anual de ASIME (a patronal), o sector pechou 2024 cun incremento da facturación do 10%, do emprego dun 3% e da capacidade produtiva ocupada de máis do 90%. Un informe presentado por Unicaja no mes de marzo, sitúa a rendibilidade financeira da industria da provincia no 11,7%, das máis altas do Estado.
A perspectiva de carga de traballo é a mellor en décadas. Navantia, só co programa F-110 (as fragatas para a mariña española) ingresará un mínimo 4.768 millóns de euros, e xa hai arredor de 5.000 persoas ao día entrando aos centros de Ferrol e Fene, unha "cifra inédita desde hai máis dunha década" como admite a propia empresa. Pero isto non é nada fronte ao que necesitaran nos vindeiros anos, xa que só a Fábrica Dixital de Bloques de Navantia Ferrol debería xerar uns 2.000 postos de traballo.
E con todo isto, ¿que ofrece a patronal? Un 8,2% de subida acumulada , ao longo dun convenio a 5 anos, cunha inflación interanual do 3,2%! unha auténtica provocación. Con isto se aseguraría a perda real do poder adquisitivo desde o primeiro día. E, por se fose pouco, a patronal pretende eliminar o complemento de IT en enfermidade común e manter a xornada laboral anual.
Fronte a iso, a reivindicación é dun convenio para dous anos con incrementos do 5% e do 4%, unha cláusula de revisión salarial que recoñeza a retroactividade dende 1 de xaneiro, a redución da xornada a 7,5 horas diarias, eliminación da subcontratación en cadea e dos fixos-descontinuos, e a mellora da subrogación.
As leccións do acontecido en Pontevedra
O mesmo día en que o metal da Coruña iniciaba a primeira folga de 24 horas, CCOO e UGT asinaban un preacordo de convenio para o Metal de Pontevedra moi alonxado das aspiracións que mobilizaron a milleiros de traballadores de xeito contundente. Tanto polo contido, como polo que supón abandonar aos traballadores do comercio do Metal cos que se viñan mobilizando conxuntamente, e que levan co convenio vencido dende 2024.
O convenio ten unha vixencia de catro anos, cun incremento salarial acumulado do 15% con cláusula de revisión topada no 2,5% dende 2027, a xornada se reduce en 1 día anual e a xornada continua se aplica dende xuño. Pero non hai absolutamente nada relacionado coa diminución da precariedade (eliminación da subcontratación en cadea, regulación dos fixos-descontinuos, eliminación das ETT...) e tampouco hai nada sobre o contrato relevo.
A forza demostrada durante as tres xornadas de folga histórica foi tremenda. Con 33.000 traballadores baleirando os polígonos industriais e os estaleiros da provincia, e miles encheron as rúas de Vigo e Pontevedra mentres demandaban aos sindicatos endurecer as mobilizacións cara a folga indefinida.
Imaxinemos por un momento un metal galego unido: o Metal da Coruña xunta o Metal e o comercio do Metal de Pontevedra saíndo xuntos á rúa e baleirando os Polígonos industriais e os estaleiros das provincias de Pontevedra e a Coruña. Sería unha forza arrolladora, imposible de aguantar para a patronal, e marcaría o camiño ao resto da clase obreira galega. Esa unidade está aí, ao alcance da man , mais foi cortocircuitada por esta sinatura coa patronal horas antes do comezo de Navalia, desconvocando as folgas previstas e desaproveitando unha oportunidade de ouro de utilizar a presión nas rúas para conseguir un convenio á altura do que os planteis demandaban. O que as cúpulas de CCOO e UGT acaban de facer en Pontevedra non é unha torpeza, senón unha decisión política consciente que beneficia á patronal.
O potencial para conseguir melloras neste contexto veuse claramente na folga e manifestación convocada pola CIG, que se opuxo á sinatura do acordo e mantivo a folga e a manifestación o pasado 19 de maio, malia á desconvocatoria por parte de CCOO e UGT, agrupando así ao sector máis combativo. Milleiros de traballadores pararon e saíron ás rúas contra o preacordo. Con todo, tampouco a CIG espuxo continuar co plan de loita que estaba enriba da mesa os dous días seguintes, 20 e 21, baseándose nesa forza demostrada e facendo un chamamento aos traballadores e aos afiliados do resto de sindicatos a continuar ata lograr un convenio á altura da forza demostrada , e a unificar a loita cos compañeiros da Coruña para endurecer a presión. Sen dar unha canle deste tipo, as cúpulas de CCOO e UGT puideron pechar o conflicto.
Hai forza para arrincar un bo convenio, todos á folga os días 26 e 27 de maio!
O potencial no Metal da Coruña é tremendo, máis é importante sacar as leccións do acontecido hai días en Pontevedra. Os 18.000 traballadores que pararon a provincia o 19 de maio teñen forza dabondo para gañar este convenio. As 48 horas do 26 e 27 son a próxima oportunidade. Se a patronal non cede, hai que dar o paso seguinte: endurecer ás mobilizacións cara a preparar a folga indefinida.
Esta é a única linguaxe que entende a patronal e non podemos ceder ante os cantos de serea das primeiras concesións froito da loita. Vivir dignamente non é un privilexio, non ter que xogarte a vida no posto de traballo é algo imprescindible, diso vai esta loita. A forza témola nas rúas e non as podemos baleirar mentres a patronal se forra a nosa costa. Hai cartos, porque hai moitísimo beneficio, hai carga de traballo, este é o momento. Coa forza amosada, a patronal só pode perder e nos só podemos gañar. Adiante coa loita!
-----------------------------------------
El Metal de A Coruña vuelve a la huelga el 26 y 27 de mayo
¡Hay fuerza para ganar un buen convenio!
El pasado martes 19 de mayo, más de 18.000 trabajadores del metal de la provincia de A Coruña secundaron la primera huelga convocada por CIG, CCOO y UGT por la negociación del convenio (vencido desde el 31 de diciembre). El resultado fue una impresionante demostración de fuerza. Los piquetes fueron innecesarios, ya que tanto las principales empresas como los polígonos industriales de Ferrol, A Coruña y Santiago estaban totalmente vacíos.
Por ejemplo, en los astilleros ferrolanos de Navantia el paro fue total desde las 10 de la noche del lunes. Ni siquiera los trabajadores de la empresa principal, que tenemos convenio propio, entramos a trabajar. La poca gente que se acercó a los piquetes, que desde las 5 de la mañana ocupábamos las puertas de los astilleros, lo hizo para reforzar la lucha.
Al mediodía, miles de trabajadores, que conformaban los piquetes en las 3 ciudades de la provincia, se movilizaron en manifestaciones que recorrieron algunos de los polígonos industriales. En A Coruña fueron más de 5.000 trabajadores los que, desde el polígono de A Grela, recorrieron las calles coruñesas hasta plantarse delante de la patronal. En Ferrol, más de 2.000 personas recorrimos el polígono de A Gándara.
Esta primera huelga de 24 horas fue el punto de arranque de una lucha en la que, además de cortar las prolongaciones de jornada, ya estaba anunciada una huelga de 48 horas los próximos 26 y 27 de mayo.
Forrándose mientras nos empobrecen: la hipocresía de una patronal parasitaria
Esta huelga es la respuesta a una realidad insoportable. Hace unos días dábamos algún dato que explicaba la situación en Pontevedra, y esto es totalmente extensible a Coruña. De hecho, en Galicia, según el INE, la vivienda se encareció un 4,9% y los alimentos un 3,2% solo en 2025. El alquiler no para de subir y, según Idealista, la subida en Ferrol alcanzó el 12,1% en el último año, mientras que, en A Coruña, pese a la "zona tensionada", el precio medio supera los 10 €/m². Así, el riesgo de pobreza o exclusión social en Galicia se disparó 3,3 puntos en un año, hasta el 22,1%. Y, además, el salario medio gallego sigue 230 €/mes por debajo de la media estatal según el IGE.
La otra cara de la moneda son las deslumbrantes cifras de la patronal. Según el propio informe anual de ASIME (la patronal), el sector cerró 2024 con un incremento de la facturación del 10%, del empleo de un 3% y de la capacidad productiva ocupada de más del 90%. Un informe presentado por Unicaja en el mes de marzo sitúa la rentabilidad financiera de la industria de la provincia en el 11,7%, de las más altas del Estado.
La perspectiva de carga de trabajo es la mejor en décadas. Navantia, solo con el programa F-110 (las fragatas para la armada española) ingresará un mínimo de 4.768 millones de euros, y ya hay alrededor de 5.000 personas al día entrando en los centros de Ferrol y Fene, una "cifra inédita desde hace más de una década", como admite la propia empresa. Pero esto no es nada frente a lo que necesitarán en los próximos años, ya que solo la Fábrica Digital de Bloques de Navantia Ferrol debería generar unos 2.000 puestos de trabajo.
Y con todo esto, ¿qué ofrece la patronal? ¡Un 8,2% de subida acumulada a lo largo de un convenio a 5 años, con una inflación interanual del 3,2%! Una auténtica provocación. Con esto se aseguraría la pérdida real del poder adquisitivo desde el primer día. Y, por si fuera poco, la patronal pretende eliminar el complemento de IT en enfermedad común y mantener la jornada laboral anual.
Frente a eso, la reivindicación es de un convenio para dos años con incrementos del 5% y del 4%, una cláusula de revisión salarial que reconozca la retroactividad desde el 1 de enero, la reducción de la jornada a 7,5 horas diarias, eliminación de la subcontratación en cadena y de los fijos-discontinuos, y la mejora de la subrogación.
Las lecciones de lo sucedido en Pontevedra
El mismo día en que el metal de A Coruña iniciaba la primera huelga de 24 horas, CCOO y UGT firmaban un preacuerdo de convenio para el Metal de Pontevedra muy alejado de las aspiraciones que movilizaron a miles de trabajadores de forma contundente. Tanto por el contenido como por lo que supone abandonar a los trabajadores del comercio del Metal con los que se venían movilizando conjuntamente, y que llevan con el convenio vencido desde 2024.
El convenio tiene una vigencia de cuatro años, con un incremento salarial acumulado del 15% con cláusula de revisión topada en el 2,5% desde 2027; la jornada se reduce en 1 día anual y la jornada continua se aplica desde junio. Pero no hay absolutamente nada relacionado con la disminución de la precariedad (eliminación de la subcontratación en cadena, regulación de los fijos-discontinuos, eliminación de las ETT…) y tampoco hay nada sobre el contrato de relevo.
La fuerza demostrada durante las tres jornadas de huelga histórica fue tremenda. Con 33.000 trabajadores vaciando los polígonos industriales y los astilleros de la provincia, y miles llenando las calles de Vigo y Pontevedra mientras demandaban a los sindicatos endurecer las movilizaciones hacia la huelga indefinida.
Imaginemos por un momento un metal gallego unido: el Metal de A Coruña junto al Metal y al comercio del Metal de Pontevedra saliendo juntos a la calle y vaciando los polígonos industriales y los astilleros de las provincias de Pontevedra y A Coruña. Sería una fuerza arrolladora, imposible de aguantar para la patronal, y marcaría el camino al resto de la clase obrera gallega. Esa unidad está ahí, al alcance de la mano, pero fue cortocircuitada por esta firma con la patronal horas antes del comienzo de Navalia, desconvocando las huelgas previstas y desaprovechando una oportunidad de oro de utilizar la presión en las calles para conseguir un convenio a la altura de lo que las plantillas demandaban. Lo que las cúpulas de CCOO y UGT acaban de hacer en Pontevedra no es una torpeza, sino una decisión política consciente que beneficia a la patronal.
El potencial para conseguir mejoras en este contexto se vio claramente en la huelga y manifestación convocadas por la CIG, que se opuso a la firma del acuerdo y mantuvo la huelga y la manifestación el pasado 19 de mayo, pese a la desconvocatoria por parte de CCOO y UGT, agrupando así al sector más combativo. Miles de trabajadores pararon y salieron a las calles contra el preacuerdo. Sin embargo, tampoco la CIG planteó continuar con el plan de lucha que estaba encima de la mesa los dos días siguientes, 20 y 21, basándose en esa fuerza demostrada y haciendo un llamamiento a los trabajadores y a los afiliados del resto de sindicatos a continuar hasta lograr un convenio a la altura de la fuerza demostrada, y a unificar la lucha con los compañeros de A Coruña para endurecer la presión. Sin dar un cauce de este tipo, las cúpulas de CCOO y UGT pudieron cerrar el conflicto.
¡Hay fuerza para arrancar un buen convenio: todos a la huelga los días 26 y 27 de mayo!
El potencial en el Metal de A Coruña es tremendo, pero es importante extraer las lecciones de lo sucedido hace días en Pontevedra. Los 18.000 trabajadores que pararon la provincia el 19 de mayo tienen fuerza más que suficiente para ganar este convenio. Las 48 horas del 26 y 27 son la próxima oportunidad. Si la patronal no cede, hay que dar el paso siguiente: endurecer las movilizaciones para preparar la huelga indefinida.
Este es el único lenguaje que entiende la patronal y no podemos ceder ante los cantos de sirena de las primeras concesiones fruto de la lucha. Vivir dignamente no es un privilegio, y no tener que jugarte la vida en el puesto de trabajo es algo imprescindible, de eso va esta lucha. La fuerza la tenemos en las calles y no las podemos vaciar mientras la patronal se forra a nuestra costa. Hay dinero, porque hay muchísimo beneficio, hay carga de trabajo: este es el momento. Con la fuerza mostrada, la patronal solo puede perder y nosotros solo podemos ganar. ¡Adelante con la lucha!



















