Entrevista a Crespo, mestre de primaria e voceiro das “Asembleas Abertas polo ensino público”
O pasado 28 de abril o ensino público galego viviu unha nova e potente folga xeral. Nesta ocasión, ademais do profesorado, sumáronse os e as estudantes convocados a una folga estudantil polo Sindicato de Estudantes. Tamén tivemos manifestacións de toda a comunidade educativa en máis de vinte localidades o 6 de maio, e unha folga xeral das traballadoras de infantil 0-3 no marco da folga estatal do sector o 7 de maio, con mobilizacións impresionantes nas seis grandes cidades galegas.
Para falar de toda esta explosión de loita en defensa do ensino público falamos con Crespo, mestre de primaria no CEIP Concepción Arenal da Coruña e voceiro das “Asembleas Abertas polo ensino público”.
O Militante. Cal é a situación que atravesa o ensino público o por que este peche de curso tan mobilizado?
Crespo. Estamos vivindo un momento de total incertidume sobre como vai a ser o ensino público de aquí en adiante. Vivimos nunha comunidade autónoma onde o Partido Popular leva moitísimo tempo gobernando con comodidade, precedido dun bipartito PSOE-BNG que non fixo moito, e onde o abandono de tanto tempo está a explotar nunha situación insostible nos centros de ensino.
As leis educativas, comezando pola LOE no ano 2006, marcáronse o obxectivo da “inclusión” para que o alumnado, ata ese momento segregado en centros de educación especial, se integrase nos centros de educación ordinaria, pero nunca chegaron a aprobarse os recursos necesarios. De tal xeito que, nos centros de educación ordinaria, acollemos a estudantes con necesidades especiais, as máis graves con trastorno de espectro autista, discapacidade intelectual ou visual, sen recursos.
O desmantelamento do ensino público combinado con este novo esforzo está levando a que os sistema rompa. Ata agora podíamos soportar a perda do poder adquisitivo ou a ampliación horaria das xornadas, pero este foi o tema que rebentou o asunto, primeiro en secundaria e despois en primaria. Estamos vendo unha situación onde o profesorado vai perdendo a súa capacidade de traballo, de afrontar coas ferramentas que temos as situacións nas aulas, o que causa unha avalancha de baixas por depresión, ao tempo que a Xunta de Galiza, e particularmente o Conselleiro Román Rodríguez, nos está a dicir que o problema é que o profesorado non quere traballar.
OM. No que vamos de curso o profesorado protagonizou seis folgas, a última delas coa incorporación do alumnado a través da convocatoria de folga estudantil por parte do Sindicato de Estudantes. As familias tamén levan un curso de protesta fortísimo e o pasado 6 de maio confluíron co profesorado e alumnado en manifestacións por toda Galicia. En todo este proceso de mobilizacións xorden as Asembleas Abertas do Ensino. Como e por que nacen estas asembleas?
Crespo. O que pasou no meu centro, o CEIP Concepción Arenal da Coruña, é bastante ilustrativo. Ao comezo de curso vimos a situación de necesidade de persoal que tiñamos, falamos coa Xunta, a resposta foi a de sempre, o famoso “catálogo”, un modelo estándar dos recursos para os centros feito en 2007 e totalmente desfasado, segundo o cal non necesitabamos nada. Automaticamente organizamos mobilizacións. As mestras acordamos que tíñamos que explicar con claridade ás familias cal era a situación real das necesidades e as familias responderon, mobilizáronse e inmediatamente mandáronos “media” PT (mestre de Pedagoxía Terapéutica ), que loxicamente non cubre as necesidades, pero que foi vista como un éxito da protesta. Este foi o xerme da asemblea do profesorado no centro para confluír coas familias e mobilizar conxuntamente, e coincidiu coa primeira folga do profesorado en setembro que tivo moitísimo seguimento no centro.
En outubro CIG e STEG convocan unha segunda folga, esta vez de 48 horas, pero caeu moitísimo a participación porque era unha convocatoria despegada da realidade do día a día. Sen embargo, pouco despois a Consellería volve a deixar o noso centro sen coidadoras varias semanas e volve a prender a mecha. De feito facemos unha folga espontánea de brazos caídos de dous días que foi tremenda, co profesorado no patio e as familias protestando nas portas.
A conclusión que moitos de nos sacamos foi que necesitamos ter estrutura e organización nos centros para dar resposta inmediata aos ataques, e que non dependa de cando as organizacións sindicais nos avisen dunha nova data de folga. Así naceu a Asemblea Aberta do meu centro, igual que en moitos outros, especialmente en institutos do sur de Pontevedra que, coma min, entenderon a necesidade de apelar ao profesorado centro a centro e, ao ver que os problemas eran os mesmos, comezaron a articularse en asembleas comarcais. Ao calor das folgas do mes de outubro estas compañeiras acoden en masa, e de forma espontánea deciden facer unha asemblea para levar a súa experiencia a outras zonas.
De xeito precario, a través de grupos de whatsapp lanzan a mensaxe de que non todo está perdido, de que non podemos depender das organizacións sindicais e temos que organizarnos e, cando os sindicatos CIG e STEG lanzan a seguinte folga en decembro, xa aparecen na manifestación de Compostela con pancarta propia, dándose a coñecer coa mensaxe de unidade para loitar todas xuntas.
Eu participo nunha asemblea do profesorado para intentar crear unha confluencia de centros a nivel galego, e alí coñezo a un grupo de profes de secundaria super motivados e con moitísimo traballo xa feito no sur de Pontevedra. Desa asemblea saen grupos de traballo e información para repartir polos centros, o que cristaliza en Vigo coa mobilización educativa máis grande desde os tempos da Marea Verde.
En dous meses xa estabamos falando cos sindicatos CIG e STEG sobre a convocatoria conxunta dunha folga. Partindo da análise de que a estratexia estaba sendo errónea, que tiñamos que apelar directamente as familias que xa se estaban a mobilizar, saen as mobilizacións do conxunto da comunidade educativa simultáneas en 25 localidades galegas o pasado 6 de maio.
O.M. Que balance facedes deste proceso e cales son os retos que vos marcades cara ao futuro?
Crespo. Este curso é unha especie de viaxe no que pasamos dunha rabia “descanalizada” e sen forma, a unha perspectiva de traballo conxunto de toda a comunidade educativa: profesorado, familias e estudantes, apelando ao conxunto da clase traballadora, e non a unha vangarda ou elite sindical, para defender un servizo público que está totalmente desmantelado. É a destrución da pública a favor do ensino privado-concertado. A xente con cartos non ten problemas pero as familias dos barrios obreiros pagamos coas nosas vidas e as dos nosos fillos, é loita de clases 100%.
A pesar das dificultades, que foron moitas, e dos erros que cometemos, tamén aprendemos moitísimo. Temos que comezar o vindeiro curso cun plan de loita claro, confluír en datas de loita con outros territorios e outras etapas como 0-3, e organizarnos democraticamente nos centros de ensino para poder responder ante cada ataque de forma rápida, sen ter que esperar semanas a que un sindicato tome decisións.
As mobilizacións polo ensino público son un tsunami en todo o Estado. Non podemos caer en posicións corporativas do profesorado, o problema son os recortes, a privatización e a falta de recursos. Temos que escoitar todas as voces da comunidade educativa incluíndo, por certo, a das compañeiras de 0-3 que ata agora estiveron excluídas e que están a dar un exemplo de loita brutal. O camiño é unir forzas e a extensión da loita dentro e fora da Galiza.
*****
Entrevista a Crespo, maestro de primaria y portavoz de las Asembleas Abertas polo ensino público
“Ante los recortes y la privatización hay que unir fuerzas y extender la lucha”
El pasado 28 de abril la enseñanza pública gallega ha vivido una nueva y potente huelga general en la enseñanza pública, a la que en esta ocasión además del profesorado se sumaron los y las estudiantes con la huelga general estudiantil convocada por el Sindicato de Estudiantes, manifestaciones de toda la comunidad educativa en más de veinte localidades el 6 de mayo, y una huelga general de las trabajadoras de infantil 0-3 en el marco de la huelga estatal del sector el 7 de mayo con movilizaciones impresionantes en las seis grandes ciudades gallegas.
Para hablar de toda esta situación hablamos con Crespo, maestro de primaria en el CEIP Concepción Arenal de A Coruña y portavoz de las Asembleas Abertas polo ensino público.
El Militante. - ¿Cuál es la situación que atraviesa la enseñanza pública y por qué este cierre de curso tan movilizado?
Crespo. - Estamos viviendo un momento de total incertidumbre sobre cómo va a ser la enseñanza pública de aquí en adelante. Vivimos en una comunidad autónoma donde el Partido Popular lleva muchísimo tiempo gobernando con comodidad, precedido de un bipartito PSOE-BNG que no hizo mucho, y donde el abandono de tanto tiempo está explotando en una situación insostenible en los centros de enseñanza.
Las leyes educativas, comenzando por la LOE de 2006, se marcaron el objetivo de la “inclusión”, que el alumnado que hasta ahora estaba segregado en centros de educación especial se integrase en los centros de educación ordinaria, pero nunca se aprobaron los recursos económicos y humanos necesarios. Tenemos que acoger en los centros de educación ordinaria a estudiantes con necesidades especiales, las más graves con trastorno de espectro autista, discapacidad intelectual o visual, sin recursos.
El desmantelamiento de la enseñanza pública combinada con este nuevo esfuerzo está llevando a que el sistema se rompa. Hasta ahora podíamos soportar la pérdida del poder adquisitivo o la ampliación horaria de las jornadas, pero este fue el tema que reventó el asunto, primero en secundaria y después en primaria.
Estamos viendo una situación donde el profesorado va perdiendo su capacidad de trabajo, de afrontar con las herramientas que tenemos las situaciones en las aulas causando una avalancha de bajas por depresión al tiempo que la Xunta de Galicia, y particularmente el conselleiro Román Rodríguez, nos está diciendo que el problema es que el profesorado no quiere trabajar.
EM. - Este curso el profesorado ha protagonizado seis huelgas, la última de ellas con la incorporación del alumnado a través de la convocatoria de huelga estudiantil por parte del Sindicato de Estudiantes. Las familias también llevan un curso de protesta fortísimo y el 6 de mayo confluyó toda la comunidad educativa en manifestaciones por toda Galicia. En todo este proceso de movilizaciones surgen las Asembleas Abertas polo ensino público. ¿Cómo y por qué nacen estas asambleas?
C.- Pienso que lo que pasó en mi centro, el CEIP Concepción Arenal de A Coruña, es bastante ilustrativo. A inicio de curso vimos la necesidad de personal que teníamos, hablamos con la Xunta y la respuesta fue la de siempre, el famoso “catálogo”, un modelo estándar de los recursos para los centros hecho en 2007 y totalmente desfasado, según el cual no necesitábamos nada. Automáticamente organizamos movilizaciones. Las maestras acordamos que teníamos que explicar con claridad a las familias cuál era la situación real de las necesidades y entonces las familias respondieron, se movilizaron e inmediatamente nos mandaron “media” PT (maestro de Pedagogía Terapéutica), que lógicamente no cubre las necesidades pero que fue vista como un éxito de la protesta y supuso el comienzo de un germen de asamblea del profesorado en el centro para confluir con las familias y movilizar conjuntamente. Este fue el comienzo y coincidió con la primera huelga del profesorado en septiembre, que tuvo muchísimo seguimiento en el centro.
En octubre CIG y STEG convocan una segunda huelga, esta vez de 48 horas, pero la participación cayó muchísimo porque era una convocatoria despegada de la realidad del día a día. Sin embargo, poco después la Consellería vuelve a dejar a nuestro centro sin cuidadoras varias semanas y vuelve a prender la mecha, de hecho, hacemos una huelga espontánea de brazos caídos de dos días que fue tremenda, con el profesorado en el patio y las familias protestando en las puertas.
Las conclusiones que muchos sacamos fueron que necesitamos tener estructura y organización en los centros para dar respuesta inmediata a los ataques y que no dependa de cuando las organizaciones sindicales nos avisen de una nueva fecha de huelga. Así nació la Asamblea Abierta de mi centro, igual que en muchos otros, especialmente en institutos del sur de Pontevedra, que entendieron como yo que había que apelar al profesorado centro a centro y al ver que los problemas eran los mismos comenzaron a articularse en asambleas comarcales. Al calor de las huelgas del mes de octubre, estas compañeras acuden en masa y de forma espontánea deciden hacer una asamblea para llevar su experiencia a otras zonas.
De forma precaria, a través de grupos de whatsapp, lanzan el mensaje de que no todo está perdido, de que no podemos depender de las organizaciones sindicales y tenemos que organizarnos y cuando los sindicatos CIG y STEG lanzan la siguiente huelga en diciembre ya aparecen en la manifestación de Compostela con pancarta propia y se dan a conocer con el mensaje de unidad para luchar todas juntas.
Yo participo en una asamblea de profesorado para intentar crear una confluencia de centros a nivel gallego y conozco a un grupo de profes de secundaria muy motivados y con muchísimo trabajo ya hecho en el sur de Pontevedra. De esa asamblea salen grupos de trabajo, información para repartir por los centros y esto cristaliza en que en Vigo hacen la movilización educativa más grande desde los tiempos de la Marea Verde.
En dos meses ya estábamos hablando con los sindicatos CIG y STEG la convocatoria conjunta de una huelga, partiendo del análisis de que la estrategia estaba siendo errónea, que había que apelar directamente las familias que ya se estaban movilizando y de ahí salen las movilizaciones del conjunto de la comunidad educativa simultáneas en 25 localidades gallegas el pasado 6 de mayo.
EM. ¿Qué balance hacéis de este proceso y cuáles son los retos que os marcáis de cara al futuro?
C.- Este curso es una especie de viaje, pasamos de una rabia descanalizada y sin forma a tener una perspectiva de trabajo conjunto de toda la comunidad educativa, profesorado, familias y estudiantes, apelando al conjunto de la clase trabajadora y no a una vanguardia o élite sindical, para defender un servicio público que está totalmente desmantelado. Es la destrucción de la pública a favor de la enseñanza privada-concertada. La gente con dinero no tiene problemas, pero las familias de los barrios obreros lo pagamos con nuestras vidas y las de nuestros hijos, es lucha de clases 100%.
A pesar de las dificultades, que fueron muchas, y de los errores que cometimos, también aprendimos muchísimo. Tenemos que comenzar el próximo curso con un plan de lucha claro, confluir en fechas de lucha con otros territorios y otras etapas como 0-3 y organizarnos democráticamente en los centros de enseñanza para poder responder ante cada ataque de forma rápida, sin tener que esperar semanas a que un sindicato tome decisiones.
Las movilizaciones por la enseñanza pública son un tsunami en todo el Estado. No podemos caer en posiciones corporativas del profesorado, el problema son los recortes, la privatización y la falta de recursos. Tenemos que escuchar todas las voces de la comunidad educativa incluyendo, por cierto, a las compañeras de 0-3, que hasta ahora estuvieron excluidas y que están dando un ejemplo de lucha brutal. El camino es unir fuerzas y la extensión de la lucha dentro y fuera de Galicia.



















