En 2007, os obreiros do metal da provincia de Pontevedra deron unha demostración da forza da clase obreira, do poder que teñen os que realmente traballan e producen. As dúas folgas do metal (en 2006 por un convenio xusto e en 2007 polo cumprimento dese mesmo convenio) alcanzaron en Vigo cotas de mobilización e apoio popular realmente impresionantes. Isto, evidentemente, asustou á patronal, que via como os seus ataques non iban ser tan fáciles de impor como pensaban. Ese é o verdadeiro motivo polo que agora lanzan ós seus lacaios da xustiza (tan "independente" como sempre) en contra do movemento obreiro. A intención é clara, que os traballadores esteamos asustados e non nos mobilicemos. Pero non o conseguirán.

Mentres axita e difama sobre o verdadeiro carácter destas folgas, a burguesía esquece convenientemente que millóns de obreiros non poden practicar o seu dereito á folga porque serían despedidos polo empresario. Calquera traballador con contrato temporal ou simplemente pertenecente a unha pequena empresa, sabe isto perfectamente.

Estamos ante o comezo dunha oleada de duros ataques que pretenden facer recaer o peso da crise sobre os traballadores e as súas familias. Moitos traballadores vigueses, sobre todo mozos, que ven ameazados os seus postos de traballo entenden que a solución non debe vir das apelacións ó sacrificio e ó esforzo común de empresarios, traballadores e Administración. As direccións sindicais non poden aceptar estes recortes sen máis, deben prepararse para facerlles fronte.

Os empresarios tómannos polo que non somos. Para eles só somos carne de explotación, só somos traballadores de usar e tirar. Pero imos demostrarlles o que somos realmente. Esta é unha loita polo noso futuro, pola nosa dignidade. Porque temos dereito a unha vida digna, a unhas condicións de traballo dignas e estamos fartos de precariedade, paro e explotación. O capitalismo non nos ofrece ningunha saída ás familias obreiras. E debemos amosarlles que estamos unidos, que non temos medo e que por cada un que metan no cárcere, haberá 10, 1.000, 10.000... nas rúas. O socialismo é a única solución.

Contra a represión sindical!

Pola defensa do emprego na comarca de Vigo!

CCOO, CIG e UXT deben convocar unha folga xeral!

Que a crise a paguen os capitalistas!

Únete a Corrente Marxista Internacional para crear unha alternativa revolucionaria no seo das   organizacións da clase obreira. Tel: 636 217 248

Apoia a folga xeral estudantil do día 4 de Marzo contra a privatización da educación pública e unha educación digna para os fillos dos traballadores convocada polo Sindicato de Estudantes

banner

banneringles

banner

banner

banner

banneringles

banneringles

bannersindicalistas

bannersindicalistas