A forza dun movemento co que derrotar ao PP
A loita contra a macro celulosa de Altri en Palas de Rei, continúa con máis forza que nunca. Despois dos recentes paus aos plans da multinacional, froito directo da mobilización social, este domingo 14 de decembro volveremos encher as rúas de Compostela para forzar á Xunta ao rexeitamento definitivo deste proxecto devastador.
Un movemento imparable que ten contra as cordas á Xunta do PP
En maio de 2024 Palas de Rei acollía a primeira mobilización multitudinaria contra Altri. Foi o inicio das maiores mobilizacións na Galiza desde o movemento de Nunca Mais. O recordo do Obradoiro abarrotado fai agora mesmo un ano, é a imaxe viva dunha loita que, lonxe de decaer co tempo, vai nutríndose con cada paso adiante que arrincamos.
Que o movemento continúe con plenas forzas despois de case dous anos de mobilizacións masivas, é a proba palpable do fracaso total da campaña de mentiras e manipulación na que a multinacional e o PP investiron unha burrada de cartos. Non está de máis recapitular o alcance desta agresión: cunhas emisións previstas para esta macro celulosa de 3,5 millóns de metros cadrados, supera as emisións conxuntas das oito principais celulosas de todo o Estado.
A propaganda foi desamorriñándose fronte á mobilización. Das mentiras iniciais non queda unha en pé. Non son 2.500 postos de traballo directos, senón menos de 500. A fibra “verde” que pretenden producir son 400.000 toneladas anuais de pasta celulosa soluble. A “madeira galega certificada” que pretenden utilizar é o eucalipto, reforzando o seu monocultivo. E, por suposto, o que calan tamén foi transcendendo, como que consumirían tanta auga do río Ulla como toda a provincia de Lugo, 46 millóns de litros ao día e devolvendo ao leito 30, xa contaminados polo proceso.
O proxecto dunha minoría que pretende arrebatarnos o futuro
Os beneficiarios deste proxecto, que por suposto existen, non se atopan entre a clase traballadora nin a mocidade galega, senón nos consellos de administración das empresas e nas consellerías. Polo menos unha terceira parte da produción da macro planta irá destinada á fabricación de lyocell, unha forma de viscosa utilizada na industria téxtil, que explica moi ben porque o director xeral de finanzas do grupo Inditex foi un dos “expertos” que “recomendaron” á Xunta apostar polo proxecto.
Outros agraciados son os membros do consello de administración de Greenalia, socio de Altri no proxecto, no que participan un antigo conselleiro delegado de Inditex e antigos conselleiros do PP como Antonio Couceiro e Beatriz Mato, ex-conselleira de Medio Ambiente. Tamén se lucra polo seu papel como “asesora” de Altri a consultaría Tache, fundada polo ex-ministro socialista Pepe Blanco e dirixida por Alfonso Alonso, do PP. As portas xiratorias de PP e PSOE funcionando man a man en defensa dos seus amos, as grandes empresas.
Mentres uns poucos enchen os petos, miles de postos de traballo dedicados á agricultura e a gandería poden ser destruídos. Por non falar das mariscadoras da ría de Arousa, onde desembocaría o Ulla xa contaminado. Ou dos traballadores de albergues e casa rurais cando eles e os peregrinos deban aguantar o fedor a xofre desta fábrica ao pe do Camiño de Santiago. En resumo, os recursos naturais e o futuro da mocidade e a clase traballadora galega postos ao dispor das ganancias multimillonarias destes capitalistas que pensan que poden facer o que queiran coas nosas vidas e co planeta. A resposta está a ser ben clara, non o imos a permitir!
A loita sempre paga
Neste último ano os resultados da mobilización son claros, como demostra o feito de que o goberno central rexeitase prestarlle axudas por descarbonización vinculadas aos fondos europeos, ou excluíse este proxecto da conexión á rede eléctrica. Non foi unha decisión tomada voluntariamente polo PSOE, que desde o principio mantívose totalmente de perfil neste asunto, se non motivada pola presión nas rúas e a ameaza implícita de alienar á súa base social.
Tamén o histerismo do PP é outra proba de forza. Cando a conselleira de Economía fala de “Comunismo do século XXI”, para referirse ás manifestacións e actos contra Altri, cando Rueda choromica porque as plataformas que constitúen o movemento de Altri Non “tienen mucho de política”, copiando o argumentario da propia empresa, o único que fan é demostrar nos feitos o que todas sabemos, que eles están ao lado de Altri, que esta contestación social tamén pon contra as cordas ao PP e ao goberno da Xunta, e que todas as decisións que toman ao respecto, como asegurar que non destinarán fondos públicos para o proxecto, fanas cun ollo posto na rúa.
Outra mostra máis da forza deste movemento popular está no distanciamento das grandes empresas do téxtil, inspiradores intelectuais e potenciais clientes de Altri, como Bimba y Lola, que anunciou a saída do seu Consello de Administración do recentemente falecido José María Castellano, presidente de Greenalia e quen fora vicepresidente e Conselleiro delegado de Inditex, ou a propia Inditex, que xa anunciou contratos con outras empresas de fibras téxtiles, sen esperar polo futuro de Altri e tratando de marcar distancias con esta, obviando interesadamente o seu labor de “asesoramento” á Xunta para levar a cabo o proxecto. Ata a mesma Greenalia tentou desvincularse da celulosa! ameazando, tras o rexeitamento do enganche eléctrico, con accións xudiciais contra quen vinculase a celulosa co seu grupo empresarial, aínda que Manuel García Pardo (o seu propietario) ten, a través Smarttia S.L (outra sociedade patrimonial), unha cuarta parte das accións de Greenfiber, a sociedade instrumental coa que Altri aterrou na Galiza, e máis do 90% das accións de Greenalia.
Continuar ata vencer unificando as loitas
Tras a vergoñenta declaración de impacto ambiental favorable, emitida pola Xunta o pasado mes de marzo, e coa Autorización Ambiental Integrada (o seguinte trámite necesario) aínda pendente e conscientemente dilatada por parte da Xunta, o rexeitamento social segue sendo o principal problema para os plans do PP e a multinacional. Altri trata de dar a impresión de que todo vai ben, pero nada máis lonxe da realidade. O único que mantén con vida este proxecto é que a Xunta aínda non lle deu carpetazo ás autorizacións que aínda están pendentes, en parte coa esperanza de que os promotores sexan capaces de conseguir 250 millóns de euros que necesitan por outras vías, e doutra banda pola esperanza dun eventual cambio no goberno central. A estratexia é clara, gañar tempo á espera que a contestación social remita.
Case dous anos de gran mobilización social lograron, como mínimo, frear un proxecto que parecía inevitable. Nun contexto de ataques en todas as frontes: na sanidade e o ensino públicas, contestadas con folgas rotundas, nos recursos destinados á protección das vítimas contra a violencia machista e un longo etcétera de agresións destes clasistas do PP. A loita contra Altri é un exemplo para seguir e intensificar. Neste sentido, a convocatoria dunha folga xeral na Galiza unificando todas as loitas ábrese paso como unha poderosa ferramenta para derrotar ao PP e a súa axenda reaccionaria, comezando por botar dunha vez por todas a Altri da Galiza. O impacto dunha derrota como esta para o PP sería brutal, dando unha forza tremenda ao movemento e abrindo o camiño para botalos da Xunta, como fixemos nos anos seguintes ao Prestige grazas ao movemento do Nunca Mais. Temos esa forza e este domingo o imos demostrar!
Altri Non, fóra xa!
Domingo 14D todos y todas a la manifestación - 12h. Alameda de Compostela
La fuerza de un movimiento con el que derrotar al PP
La lucha contra la macro celulosa de Altri en Palas de Rei continúa con más fuerza que nunca. Después de los recientes golpes a los planes de la multinacional, fruto directo de la movilización social, este domingo 14 de diciembre volveremos a llenar las calles de Compostela para forzar a la Xunta a que rechace definitivamente este proyecto devastador.
Un movimiento imparable que tiene contra las cuerdas a la Xunta
En mayo de 2024 Palas de Rei acogía la primera manifestación multitudinaria contra Altri. Fue el inicio de las mayores protestas en Galiza desde el movimiento de Nunca Máis. El recuerdo del Obradoiro abarrotado hace ahora mismo un año, es la imagen viva de una lucha que, lejos de decaer con el tiempo, va nutriéndose con cada paso adelante que arrancamos.
Que continúe con plenas fuerzas después de casi dos años es la prueba palpable del fracaso total de la campaña de mentiras y manipulación en la que multinacional y PP invirtieron ni se sabe cuánto dinero. No está de más recapitular el alcance de esta agresión: con unas emisiones previstas para esta macrocelulosa de 3,5 millones de metros cuadrados, supera las emisiones conjuntas de las ocho principales celulosas de todo el Estado.
La propaganda se fue desmoronando como resultado de la movilización. De las mentiras iniciales no queda una en pie. No se crearan 2.500 puestos de trabajo directos, sino menos de 500. La fibra “verde” que pretenden producir en realidad son 400.000 toneladas anuales de pasta celulosa soluble. La “madera gallega certificada” que pretenden utilizar es el eucalipto, reforzando su monocultivo. Y, por supuesto, lo que callan también ha ido trascendiendo, como que consumirán tanto agua del río Ulla como toda la provincia de Lugo, 46 millones de litros diarios, y devolviendo al caudal 30 ya contaminados por el proceso.
El proyecto de una minoría que pretende arrebatarnos el futuro
Los beneficiarios de este proyecto, que por supuesto existen, no se encuentran entre la clase trabajadora ni la juventud gallega, sino en los consejos de administración de las empresas y en las consellerías. Por lo menos una tercera parte de la producción de la macroplanta irá destinada a la fabricación de lyocell, una forma de viscosa utilizada en la industria textil, que explica muy bien por qué el director general de finanzas del grupo Inditex fue uno de los “expertos” que “recomendaron” a la Xunta apostar por el proyecto.
Otros agraciados son los miembros del consejo de administración de Greenalia, socio de Altri en el proyecto, en el que participan un antiguo conselleiro delegado de Inditex y antiguos conselleiros del PP como Antonio Couceiro y Beatriz Mato, exconselleira de Medio Ambiente. También se lucra por su papel como “asesora” de Altri la consultoría Tache, fundada por el exministro del PSOE Pepe Blanco y dirigida por Alfonso Alonso, del PP. Las puertas giratorias de PP y PSOE funcionando a pleno pulmón en defensa de sus amos, las grandes empresas.
Mientras unos pocos se llenan los bolsillos, miles de puestos de trabajo dedicados a la agricultura y la ganadería pueden ser destruidos. Por no hablar de las mariscadoras de la ría de Arousa, donde desembocaría el Ulla ya contaminado. O de los trabajadores de albergues y casas rurales, cuando ellos y los peregrinos tengan que aguantar el hedor a azufre de esta fábrica al pie del Camino de Santiago. En resumen, los recursos naturales y el futuro de la juventud y la clase trabajadora gallega puestos a disposición de las ganancias multimillonarias de estos capitalistas que piensan que pueden hacer lo que quieran con nuestras vidas y con el planeta. La respuesta está siendo bien clara, ¡no lo vamos a permitir!
La lucha siempre paga
En este último año los resultados de la movilización son claros, como demuestra el hecho de que el Gobierno central rechazara prestarle ayudas por descarbonización vinculadas a los fondos europeos o excluyera este proyecto de la conexión a la red eléctrica. No fue una decisión tomada voluntariamente por el PSOE, que desde el principio se ha mantenido totalmente de perfil en este asunto, sino motivada por la presión en las calles y la amenaza implícita de alienar a su base social.
También el histerismo del PP es una prueba de fuerza. Cuando la conselleira de Economía habla de “comunismo del siglo XXI” para referirse a las manifestaciones y actos contra Altri, cuando Rueda lloriquea porque las plataformas que constituyen el movimiento de Altri Non “tienen mucho de política”, copiando el argumentario de la propia empresa… lo único que hacen es demostrar en los hechos lo que todas sabemos: que ellos están del lado de Altri, que esta contestación social también pone contra las cuerdas al PP y al Gobierno de la Xunta, y que todas las decisiones que toman al respecto, como asegurar que no destinarán fondos públicos para el proyecto, las hacen con un ojo puesto en la calle.
Otra muestra más de la fuerza de este movimiento popular está en el distanciamiento de las grandes empresas del textil, inspiradoras intelectuales y potenciales clientes de Altri, como Bimba y Lola, que anunciaba la salida de su consejo de administración del recientemente fallecido José María Castellano, presidente de Greenalia y quien había sido vicepresidente y conselleiro delegado de Inditex, o la propia Inditex, que ya ha anunciado contratos con otras empresas de fibras textiles, sin esperar por el futuro de Altri y tratando de marcar distancias con esta, obviando interesadamente su labor de “asesoramiento” a la Xunta para llevar a cabo el proyecto. Hasta la misma Greenalia intentó desvincularse de la celulosa, amenazando —tras el rechazo del enganche eléctrico— con acciones judiciales contra quien vinculara la celulosa con su grupo empresarial, aunque Manuel García Pardo (su propietario) tiene, a través de Smarttia SL (otra sociedad patrimonial), una cuarta parte de las acciones de Greenfiber, la sociedad instrumental con la que Altri aterrizó en Galiza, y más del 90% de las acciones de Greenalia.
Continuar hasta vencer unificando las luchas
Tras la vergonzosa declaración de impacto ambiental favorable, emitida por la Xunta el pasado marzo, y con la Autorización Ambiental Integrada (el siguiente trámite necesario) aún pendiente y conscientemente dilatada por parte de la Xunta, el rechazo social sigue siendo el principal problema para los planes del PP y la multinacional.
Altri trata de dar la impresión de que todo va bien, pero nada más lejos de la realidad. Lo único que mantiene con vida este proyecto es que la Xunta aún no le ha dado carpetazo a las autorizaciones que están pendientes, en parte con la esperanza de que los promotores sean capaces de conseguir 250 millones de euros que necesitan por otras vías, y en parte por la esperanza de un eventual cambio en el Gobierno central. La estrategia es clara, ganar tiempo a la espera de que la contestación social remita.
Casi dos años de gran movilización social lograron, como mínimo, frenar un proyecto que parecía inevitable. En un contexto de ataques en todos las frentes. En la sanidad y la enseñanza públicas, contestadas con huelgas rotundas, en los recursos destinados a la protección de las víctimas contra la violencia machista y un largo etcétera de agresiones de estos clasistas del PP, la lucha contra Altri es un ejemplo para seguir e intensificar. En este sentido, la convocatoria de una huelga general en Galiza, unificando todas las luchas, se abre paso como una poderosa herramienta para derrotar al PP y su agenda reaccionaria, comenzando por echar de una vez por todas a Altri del territorio. El impacto de una derrota como esta para el PP sería brutal, dando una fuerza tremenda al movimiento y abriendo el camino para echarlos de la Xunta, como hicimos en los años siguientes al Prestige gracias al movimiento del Nunca Máis. Tenemos esa fuerza y este domingo lo vamos a demostrar.



















