O 24 de marzo, sete estudantes, na súa maioría militantes de Contracorriente e do Sindicato de Estudantes foron citados pola policía para declararen e saíron acusados de varios delitos por participaren dunha protesta pacífica, o pasado 13 de febreiro, contra a presenza do ultradereitista Iván Espinosa de los Monteros na facultade de políticas do Campus de Somosaguas (UCM).
A acusación da policía ás nosas compañeiras é unha auténtica barbaridade: desordes públicas, coaccións e delito de odio! Todo isto cando ese 13 de febreiro decenas de ultradereitistas, algúns deles vinculados aos neonazis de Desokupa, acudiron á facultade de políticas nunha actitude agresiva e hostil para realizaren un acto que previamente fora cancelado polas autoridades universitarias.
Estamos ante unha montaxe xudicial e policial para introducir o medo, non só entre o movemento estudantil, senón entre toda a clase traballadora, as mulleres, as migrantes o colectivo LGTBIQA+ e a esquerda combativa.
Asina o manifesto de solidariedade!