La Fundación Federico Engels, en colaboración con El Militante, inagurará el próximo jueves 30 de abril en Ferrol una librería marxista con la que pretende contribuir a la difusión de las ideas del marxismo. En ella podréis encontrar obras de los clásicos del marxismo (Marx, Engels, Lenin, Trotsky, Rosa Luxemburgo...) y autores modernos (Ted Grant, Alan Woods, Celia Hart...), la revista Marxismo Hoy y el periódico marxista El Militante, además de folletos y documentos sobre múltiples temas: historia, economía, filosofía, sindicalismo, Cuba, Venezuela...
¡Acude a la inauguración el 30 de abril a las 20 horas en la Rúa Pontevedra, 18 bajo!
A crise económica actual demostra que o capitalismo impide que a inmensa maioría da umanidade teña unhas condicións de vida dignas. Se a isto lle engadimos que tamén é unha ameaza para o medioambiente, a conclusión é clara: temos que facer desaparecer este sistema. As ideas do marxismo son as únicas ideas que, ademais de explicar o porqué do que está a pasar, ofrecen una alternativa. Hoxe máis que nunca o dilema é: REVOLUCIÓN SOCIALISTA OU BARBARIE.
Hai un crecente interese polo marxismo. A Fundación Federico Engels, coa colaboración de El Militante, quere contribuír á súa difusión abrindo un local en Ferrol: ‘A Librería Marxista'. Neste local atoparás decenas de publicacións marxistas: obras de autores clásicos (Marx, Engels, Lenin, Trotsky, Rosa Luxemburgo...) e modernos (Ted Grant, Alan Woods, Celia Hart...), a revista Marxismo Hoy, o xornal El Militante, e documentos e folletos sobre múltiples temas: historia, economía, filosofía, sindicalismo, Cuba, Venezuela...
Cremos que as ideas do marxismo son as mellores para que o movemento obreiro se recupere e os traballadores podamos defender os nosos intereses de clase. Desde o noso punto de vista, a penosa situación á que nos levou a política sindical do último período é unha consecuencia directa do abandono por parte dos dirixentes sindicais das ideas socialistas e comunistas. Por iso ‘A Librería Marxista' tamén vai ser un lugar de encontro das persoas interesadas en que o marxismo recupere o lugar que lle corresponde nos sindicatos e partidos de esquerdas. Para isto celebraremos actos públicos de contido diverso: presentación de libros, conmemoración de efemérides da esquerda, análise da actualidade, loita obreira, etc. E para profundar na teoría marxista, o segundo luns de cada mes, ás 19:00 horas, teremos un coloquio sobre o contido dun libro.
Se non podes acudir no horario de apertura do local ou queres información sobre as nosas actividades, ponte en contacto con nós.