Tras tres anos de crise, a economía mundial volve situarse ao borde da depresión e unha nova rolda de quebras e rescates de bancos planea sobre Europa. Mentres, os gobernos aceleran e profundan os recortes contra o gasto social no que é unha evidente transferencia de riqueza dos máis pobres aos máis ricos.
Tanto os gobernos  socialdemócratas como os abertamente dereitistas, aplican as mesmas medidas: masivos recortes sociais e transvase de diñeiro a mans dos grandes capitalistas. Con todo, estas medidas, ademais de empobrecer á clase traballadora e a mocidade, non están sacando a ningún país da recesión, se non todo o contrario.
Existe alternativa á crise? Estamos  abocados a anos e anos de depresión económica? É inevitable que as nosas condicións de vida e traballo retrocedan décadas?
Os marxistas revolucionarios pensamos que nada disto ten porqué ser así e que si existe unha alternativa favorable aos intereses da clase obreira.
Acode ao acto público que organiza o Sindicato de Estudantes e o xornal marxista “El Militante”

-Compostela: Mércores 1 de febreiro, ás 18:00 na aula 8 da Facultade de historia
-Ferrol: Xoves 2 de febreiro, ás 19:00 horas na Librería Marxista (r/ Pontevedra, 18)
-Vigo: Xoves 2 de febreiro, ás 18:00 no Auditorio do IES San Tomé (Gran vía con Praza América)
-Lugo: Venres 3 de febreiro, ás 18:00 na aula 1 da Facultade de Veterinaria.
-Coruña: Luns 6 de febreiro, ás 18:00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Socioloxía

 

Hoja en PDF

Cartel en PDF

banner

banneringles

banner

banner

banner

banneringles

banneringles

bannersindicalistas

bannersindicalistas