A maravillosa mobilización dos traballadores, con manifestacións en Vigo de 15.000 persoas, mozos das Compañías auxiliares principalmente, é totalmente alentadora para nós, os estudantes.
De feito, para nós, o futuro desta loita é esencial. Moitos de nós traballaremos mañá precisamente nas Compañías Auxiliares. O Metal na provincia abrangue a 3.500 empresas, de xeito que sen dúbida é unha das principais saídas laborais para a mocidade da comarca viguesa.
E o certo é que hoxe as condicións ás que nos enfrontamos os mozos nas Compañías Auxiliares son lamentables: contratos de dous meses, chegas ós trinta anos sen nengún contrato fixo, tes que matarte a facer horas extras para acadar un salario decente, ritmos de traballo brutais, incumplimento do convenio, falta de condicións de seguridade, sen dereitos sindicais, pódenche botar á rúa cande lles pete…
E precisamente esta lota pretende facerlle fronte á precariedade laboral que padecemos os mozos nas Compañías.
Por iso, o futuro desta loita aféctanos directamente.
O que os obreiros consigan hoxe coa loita, será o que atoparemos mañá cando rematemos os estudos.
Se os traballadores do metal son derrotados, os postos de traballo que academos cando nos poñamos a traballar seguirán a caracterizarse pola sobreexplotación. Se os obreiros gañan, herdaremos mellores postos de traballo mañá.
Xogámonos moito. Temos que loitar con eles.
Por isto, o sindicato de Estudantes chámavos a secundar unha folga xeral no ensino para o vindeiro xoves.
¡Viva a Loita dos traballadores do Metal!
¡Viva a Loita da Clase Obreira!
¡Obreiros e estudantes unidos e adiante!
¡Demisión dos responsables da brutal carga policial!
Xoves 11 de Maio, Folga Xeral de Estudantes en Vigo
Acode á Manifestación:
Sindicato de Estudantes.
Vigo: 635630229
Galiza: 636217248
www.sindicatodeestudiantes.org,